5 abr. 2020

A Rondalla confinada

Nin o COVID-19 nin a corentena evitaron que en Tanxedoira houbese algúns membros que se conectasen a través de Internet. Así foi o caso de alguns compoñentes da rondalla que, utilizando a aplicación Zoom, puideron realizar unha videoconferencia o día 29 de marzo, demostrando unha vez máis a boa sintonía que existe no colectivo.



Laconada 2020

E máis un ano chegou a nosa típica laconada de Entroido... E xa había gañas de se xuntar con todos e todas e pasar unha comida e unha sobremesa en familia con Tanxedoira. Sobre todo porque o ano pasado xa perdera de ir, así que sí: xa había gañas.

Este ano fixémola no mesón A Chispa, onde xa tiñamos ido en ocasións anteriores, mais onde nunca tiñamos feito unha laconada. E, a verdade, a min, persoalmente, gustoume moito.
Tardaron un pouco en servir ao principio... De feito estaban case todos comendo menos eu, que estaba a esperar polos chourizos para acompañar os meus grelos. Porén, foi todo tan abundante que até sobrou. E estaba todo súper rico.
 
Despois, para seguir, David e Jesús puxéronse coas súas guitarras. Ben... minto! Jesús púxose coa súa guitarra, porque... David rouboume a miña!
 
E coido que o estaban a pasar ben até os rexentes do mesón, poroque cando decidimos marchar, xa case preto das 18h, dixéronnos que podiamos quedar todo o tempo que desexásemos. Haberá que Loagardar á próxima ocasión para volver pasar unha xornada tan divertida.



 Leticia Riestra



P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería