1 jul. 2010

Visita Cultural: Antigo Cárcere da Coruña


Esta vez iremos todos de cabeza ao cárcere.... pero afortunadamente só de visita (o que queira quedarse....).
Hai que aproveitar agora que vai estar uns poucos días aberto ao público pois seica a partir do día 11 de Xullo pecharase para non volverse abrir nunca máis como cárcere, para nun futuro ter unha funcionalidade diferente.

A Asociación programa entón esta interesantísima visita para o vindeiro día 9 de Xullo ás 19:00.

Vémosnos no cárcere. .... Non é ningunha ameaza...

Visita Cultural: O Castro de Elviña


O Domingo día 4 de xullo temos programada unha visita cultural ao Castro de Elviña. O castro de Elviña é un lugar moi especial, está situado nunha ladeira que baixa cara á cidade da Coruña, por iso desde o castro existen unhas boas vistas da Coruña...

Dicir ademais que está sobre a universidade da Coruña, para o que se queira situar facilmente...

Así que todos os que esteades interesados en velo que se asome este domingo ao local de Tanxedoira a iso das 10:30 da mañá para ir desde alí en grupo.

Vémosnos alí entón.