29 oct. 2010

Samaín 2010

Este ano en Tanxedoira queremos celebrar o Samaín por todo o alto, e precisamos de novo a vosa colaboración para que que sexa memorable.

Para empezar haberá un taller de preparación para a Festa do Samaín o sábado 6 de Novembro de 16:00h a 18:00h en que poden participar Pais e Fillos.

Celebraremos a Festa do Samaín no Local da nosa Asociación, o Domingo 7 de Novembro ás 18:00h. Traer Castañas, Sobremesas, en fin o que cada un poida. A Asociación pon as bebidas, e a gozar da festa!!

27 oct. 2010

Triangular Futbol

O pasado 10 de Outubro celebrouse, nos campos da Torre, un triangular de fútbol 7 entre os equipos da Casa de Aragón, a Casa de Andalucía e Tanxedoira organizado pola Casa de Aragón como parte dos actos da festa do Pilar da súa asociación.
Xogaron 4 partidos moi disputados e, aínda que os “tanxedoiros” fixeron todo o que puideron, e o público berraba para darlles ánimos, este ano non puidemos traer a copa para a Asociación. De todos xeitos quedamos en un moi respectable segundo posto,. O ano que vén volveremos intentarlo.



21 oct. 2010

Cea de Inicio de Curso

Xa esta en marcha a Cea de Inicio De Curso

Terá lugar o día 30 de Outobro ás 22:00 h. no Mesón "El Abuelo": Luciano Yordi de Carricarte, 6 - MATOGRANDE
15009 A Coruña (A CORUÑA)

Teremos:

MENU ADULTOS

- Entremeses, sopa ou ensalada. (a elixir)
- Carne ou peixe. (a elixir)
- Sobremesa.
- Cafe.
- Bebidas.

MENU INFANTIL

- Milanesa con Patacas.
- Bebida.
- Sobremesa

15 € uros Menu Adulto.
10 € uros Menu Infantil.

Ultimo día para apuntarse o 27 de Outubro.