11 nov. 2010

Rondalla Carlos Seijo


Queridos socios e amigos:

O próximo día 21 de novembro de 2010 terá lugar a actuación da Agrupación Carlos Seijo, de Betanzos, no Centro Cívico dos Mallos. O comezo da mesma será ás seis da tarde e a entrada será gratuita.

Convidámosvos, pois, a todos a asistir a este evento para desfrutar xuntos dunha tarde de boa música en boa compaña.

Esperámosvos.