22 dic. 2010

"La Chispa de la Vida" visita guiada polas instalacions da Coca-Cola


O próximo luns 27 de decembro a Asociación organiza unha visita guiada polas instalacións da Coca-Cola. Veremos o proceso e a maquinaria toda que fai posible que esta riquísima bebida chegue hasta nós e nos refresque.
Coca-Cola é un refresco efervescente vendido en tendas, restaurantes e máquinas expendedoras en máis de 200 países. É producido por The Coca-Cola Company.
Nun orincipio, cando a inventou o farmacéutico John Pemberton, foi un medicamento patentado, aínda que foi adquirida posteriormente polo empresario Asa Griggs Candler, cuxas tácticas de mercadotecnia fixeron á bebida unha das máis consumidas do século XX.

Para poder organizar o grupo da visita, todos aqueles que querades vir acudide ao local da asociación as 10:30 h.

Vemonos alí. Saúdos.

21 dic. 2010

Decoración de Nadal



O próximo día 23 de decembro querémosche convidar a que veñas ao noso local e pasemos un intre entretido facendo e colocando adornos de nadal. Estais todos convidados a participar desta actividade pero sobre todo os máis pequenos da casa. Vémonos entón o devandito día 23 a partir das 17:30 h.
Bo nadal a todos.

14 dic. 2010

Festival de Nadal



Xa estamos en plenas datas de nadal e como non pode ser doutra maneira xa temos preparado o esperado Festival Tanxedoira; no cal teremos de todo: panxoliñas, rondalla, actuacións do grupo de teatro e máis cousas para pasalo entre todos o mellor posible.


Ah!...esquecíaseme, tamen entre todos os asistentes ao festival sortearanse dúas cestas de nadal; unha infantil e outra para adultos co seu turrón, mazapanes e as suas cousiñas....


Bo, o devandito vémonos todos alí... como?... que onde?.... mira o cartel de arriba que non o miras. Aínda así, o festival terá lugar o sábado día 18 de decembro no centro Civico Os Mallos a partir das 19:00h.