26 feb. 2013

Visita á DOMUS


É boa verdade que o dia non convidaba a saír da casa, mais a choiva que caía e o forte vento que sopraba, por máis espantosos que puideron parecer, non foron quen de nos quitar as ganas de pasar un anaco xuntos curioseando as tantas cousas que hai na DOMUS.

Presentámonos alí puntualmente ás 11:00h do dia 10 de febreiro, e a verdade é que o pasamos moi ben.

Non houbo obxecto, experimento ou exposición que quedase ignorado por nós. Puxemos unha ollada curiosa a todo. Tanto os máis novos como o non tan novos probamos investigar en todos os experimentos con entusiasmo e sorpresa. As dúas horas da visita fixéronsenos curtas.




Despedímonos do lugar cun 'ata outro día', porque confiamos que volveremos de visita.

Leo Gomes.