25 jun. 2013

EXCURSIÓN FIN DE CURSO TANXEDOIRA 2013



Un ano máis damos rematado o curso con unha excursión para disfrutar entre todos dun día cheo de visitas culturais, diversiones ó aire libre, praia (iso se o tempo acompaña) e todo iso entre compañeiros, familia e amigos da nosa Asociación Cultural Tanxedoira.

Saida: 7 de xullo as 08:00 h. (dende o bar DIN-DON)



Precios:
- 10 € socios 
- 12 € non socios
- 8 € nenos/as menores de 12 anos



Neste precio non vai incluida a comida, así que cada un pode levala de casa ou comer nalgún restaurante da zona correndo persoalmente co gasto.

16 jun. 2013

Festival Tanxedoira Fin de Curso 2012-13





Toca rematar o curso; e coma ten que ser farémolo da mellor maneira que sabemos: cun festival cargado de música e moitas sorpresas.

O devandito festival terá lugar o día 22 de xuño ás 17:30 horas no Centro Cívico O Castrillón. Sabedes de sobra que non vos cobramos nin un céntimo por vir, así que non tedes excusa para vir e pasalo bomba con nós.

Exposición de Traballos en Tanxedoira




Dende o día 17 de xuño terá lugar a exposición de traballos feitos polos socios asistentes ás actividades de: bolillos, pintura e punto de cruz.


O horario da exposición ata o día 27 de xuño é de 18:00 h. ás 20:00 h. no local da asociación.

3 jun. 2013

Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria




O vindeiro 21 de xuño de 2013, ás 20 h. en primeira convocatoria e ás 20:30 h. en segunda convocatoria, celebrarase no local social da Asociación Cultural Tanxedoira, sito na rúa Azahar bloque 48 nº 127 da Coruña, unha Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria, na que se procederá ao cambio da Xunta Directiva.

É por iso que todos aqueles socios que queiran presentar a súa candidatura deberán facelo nun sobre cerrado á dirección arriba escrita ou meidante o correo electrónico atanxedoira@yahoo.es. As candidaturas constarán de presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro, e poderán ser presentadas ata o comezo da reunión.