17 mar. 2014

Charla "Walt Disney e a Creación de Mickey Mouse"

   
O día 22 de marzo ás 19:00 horas, a Asociación Cultural Tanxedoira ten o pracer de ofrecer a charla "Walt Disney e a Creación de Mickey Mouse" a cargo de Fernando Vela.
Nela poderedes descubrir cousas moi curiosas. Como por exemplo, que este famoso rato non foi a primeira creación deste xenio da animación.
Estades todos invitados!!


15 mar. 2014

Exposición de pinturas y dibujos de Beatríz Carballido Del Camino

Durante la semana del 22 de Marzo al 29 de Marzo tendremos una exposición de pinturas y dibujos de la artista Beatriz Carballido del Camino.
Os animamos a todos a pasaros por el local para verla en horario de 17:30 a 20:00 de Lunes a Sábado


11 mar. 2014

Visita al MUNCYT

Un grupo de Tanxedoira fomos o pasado 23 de febreiro de visita ao Muncyt, que, para todos aqueles que non o saiban, é o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía que temos na nosa cidade. A visita foi moi entretida e puiremos aprender a montar e desmontar artiluxios varios como tostadores, teléfonos, reprodutores de DVDs, mesmo había algún “artefacto” que algún dos presentes non vira na súa vida!
Fomos visitando todas as partes do museo e empapándonos de dados, mais, sen dúbida,a parte que máis nos chamou a todos a atención foi “a cabeza” do Boing 747 que alberga o centro. Só con ver o tamaño das rodas podíase un facer a idea do volume do resto do avión. Que impresión! 

Acabamos a visita na sala onde se mostra información de todos os aparellos do século XXI e tivemos o pracer de asistir a un pequeno monográfico sobre máquinas de escribir, onde puidemos aprender algúns dados moi curiosos.

Sen dúbida, unha visita moi interesante e altamente recomendable.