18 oct. 2014

Samaín 2014

Moi boas e tenebrosas tardes Tanxedoir@s!

O Samaín xa está á volta da esquina, por iso convidamos aos nosos PequeTanxedoir@s, papás, mamás e amigos a celebrar connosco o día dos Mortos Vivintes, Bruxas, Curuxas e demáis seres terroríficos. 

Está previsto que o próximo 2 de novembro, ás 17:30h, teñamos una Merenda de Susto no local. Igual que o ano pasado, a Asociación farase cargo das bebidas e as chuches, pero estaría xenial ter algunha aportación pola vosa parte con algún petisco monstruoso.

Proxectaremos una peli para os mais pequenos, haberá xogos, conxuros e historias de lanterna para tod@s.

Haberá unha listaxe de inscripción no Taboleiro de Avisos do local.

Esperamos que vos unades a este aquelarre disfrazados e con ganas de pasar unha tarde terrorífica. 

Saúdos!


11 oct. 2014

Comida Inicio Curso 2014/2015

Ola Tanxedoir@s!

Comeza un novo curso en Tanxedoira; con el chegan as actividades, actuacións, novos socios... e como non, as nosas reunións gastronómicas! O próximo 25 de outubro as 14:00 sería unha boa data para reunirnos, e que mellor escusa que unha boa comida entre amigos. Este ano pensaramos que sería bo facer a comida no local, a nosa casa, como "medida anticrise" para que todos poidamos participar. Estaría xenial que cada un de nós achegase algo para crear o noso menú e así, de paso, presumir dos nosos dotes culinarios. 

Haberá unha folla de inscrición dispoñible no Taboleiro de Avisos do local para todo aquel que queira poda anotarse e indicar o que vai traer (bebida, postre, doce, salado... o que queirades). 

Animámosvos a que vos apuntedes, a diversión e unha boa mesa entre amigos están garantidas 

Un saúdo