12 feb. 2016

III Certame de Fotografía Fernando Pombo

Un ano máis, a Asociación Cultural Tanxedoira organiza o Certame de Fotografía Fernando Pombo.

Este certame ten como propósito principal honrar a figura do noso benquerido Fernando, celebrando o seu amor pola arte, en especial as artes fotográficas, e mantendo viva a sua filosofía altruista, moi presente en Tanxedoira.

Nesta terceira edición do concurso manterase a temática musical que marcou as anteriores edicións. Haberá dúas categorías divididas por idades, unha infantil (menores de 14 anos) e outra para adultos (maiores de 14 anos).

O prazo de presentación comeza o 14 de febreiro de 2015, e remata o día 31 de maio, ás 23:59h.

Todo aquel que desexe participar pode consultar as bases do certame aquí.