22 ene. 2017

…¡¡Unha chocolatada de rechupete!!...


Como xa vén sendo tradicional na Asociación Tanxedoira, o pasado 7 de xaneiro reunímonos para celebrar a chegada do novo ano cunha exquisita chocolatada.

Entre risas, cantos, bailes e xogos foron pasando as horas enchendo de ledicia e emoción o lugar.

Tanto maiores como pequenos tratamos de gozar dunha fría tarde, con eses churros e chocolate de “Bonilla”…¡que fariamos sen eles!. Tamén degustamos un delicioso Tiramisú, quedando as bandexas baleiras do rico que estaba, ademais repartimos unhas galletas decoradas con moito agarimo para todos os presentes. 



Galletas especiais para un día tamén especial.
Para completar a tarde, Leticia (coa idea de Ana) convidounos a participar nun Karaoke moi divertido onde todos cantamos. Como bos artistas que somos non podiamos deixar pasar esta oportunidade.

En fin, a pesar de todo, botamos de menos ao resto do grupo que non puideron asistir, por diversas razóns.

Para min foi un pracer poder compartir varias horas tan entretidas con compañeiros, familiares e amigos.

Quero agradecer a todos a acollida que me destes facéndome sentir como en familia, xa que parte da miña non vive aquí. Ten moito de verdade o slogan tan popular “A Coruña, a cidade onde ninguén é forasteiro”… 

Ana María Ramos.

Nadal en Santa María de Oza


O día 17 de decembro, entre as actividades programadas pola parroquia de Santa María de Oza con motivo da celebración do Nadal, o Coro e a Rondalla de Tanxedoira actuaron en tan significativa igrexa para a Asociación.


Os asistentes, así como os compoñentes de ambos grupos artísticos, gozaron dunhas actuacións que se viron enriquecidas polas particularidades de tan acolledor espazo

José Luis Ponte.

2 ene. 2017

Abelorios e Pandeireta

Da man de Cristina e Pedro (dous novos colaboradores dentro da familia Tanxedoira), púxose en marcha unha nova acción formativa: pandeireta, que vén enriquecer o gran número de actividades que desenvolve a Asociación.

Tamén se quere agradecer a Paula, membro da Asociciaón, a súa dispoñibilidade para facer posíbel impartir outra nova actividade como é a de abelorios.

Queremos dar as grazas a estes xoves que dun xeito desinteresado deciden compartir con todos nós aquilo que saben, á vez que vos animamos á inscrición nos cursos.

As mencionadas actividades desenvolveranse nos seguintes días e horarios: 
  • Pandeireta: xoves de 19:00 a 20:00 horas. 
  • Abelorios: martes de 18:00 a 19:00 horas

Tanxedoira