9 may. 2017

Actuación en Sar Quavitae


O día 25 de Marzo, unha actuación de Tanxedoira levou alegría ás persoas maiores, neste caso a aquelas que teñen a súa residencia en SAR QUAVITAE. Asistiu un numeroso grupo de cantantes acompañado dalgunhas guitarras, e interpretaron cancións populares que animaron aos asistentes.

O grupo saíu de alí coa alegría que lle contaxiou a audiencia, confiando que se presenten futuras oportunidades para repetir a experiencia
 
José Luis Ponte
 
 

8 may. 2017

Festival do XXXIX Aniversario



O sábado 22 de abril celebramo a gala do 39 aniversario da nosa asociación. Foi coma sempre un espectáculo cheo de ledicia, camaradería e bo humor. Para esta ocasión contamos con grupos convidados como a Banda de Ordes e o cuarteto Son de Monelos. As nosas presentadoras Olga e Ana fixéronnos pasar un rato delicioso amenizando as pausas entre actuacións cuhnas simpáticas intervencións, incluso invitando á parte miúda do público a subir ao escenario para deleitarnos con algúns chistes.

As actuacións foron moi aplaudidas, pedindo o público a todos os participantes bises de xeito insistinte. A grandiosidade dunha banda coma a de Ordes encheu o escenario do son potente dos instrumentos de metal e madeira; as delicadas cancións de todos tempos do grupo Son de Monelos fixo a todos movernos no asento e tararear as letras que todos coñeciamos… E coma sempre, o Coro e a Rondalla Tanxedoira facendo as delicias da audiencia, ofrecendo mostra dos seus variados repertorios e o seu bo facer… unha marabilla!

Ao final… a festa de celebración. Como non, demos conta duns petiscos (petiscos?... non, aquilo era una barbaridade) e, por suposto, dunha fermosa tarta de aniversario. Alí estivemos todos rindo, cantando e pasándoo estupendamente até ben entrada a noite.

O ano que vén é un aniversario ben redondo, cumpriremos 40 anos… Agardamos poder compartir unha efeméride tan importante coma esa con todos os tanxedoiros, tanxedoiras e tanxedoiriños, así coma cos bos amigos que sempre están aí cando os necesitamos e nos botan unha man para que todo saia sempre tan ben
 
Luis Carlos Manteiga