30 dic. 2017

Festival de Nadal



Como cada ano, no mes de decembro, os membros de Tanxedoira xuntámonos para celebrar o noso tradicional Festival de Nadal, que se levou a cabo o pasado día 23 no Centro Cívico Novo Mesoiro, en que, coma sempre, non faltou a música, as panxoliñas e os agasallos para grandes e pequenos. Este ano, a parte das nosas tradicionais cestas, engadíronse dous agasallos máis, cedidos por dúas empresas locais: Gran Leiriña e Biosleep, ás cales se lle agradeceu o seu aporte para o Festival.

O Festival foi conducido por Sofi Love e Carmen, dando paso en primeiro lugar aos membros do coro, que nos deleitaron cunhas panxoliñas, algunha delas acompañada de instrumentos, que as fixeron todavía máis fermosas se cadra. A seguir, os membros de acordeón ,que cada día se van facendo "maiores" nos festivais, e os de pandeireta, cada vez máis numerosos, fixeron as delicias de todos nós.

Despois saíron a escena os membros de Improvisación ao teatro, que, como o seu nome indica, improvisaron uns sorrisos a todos os presentes. Despois voltou a música a cargo de Leti Riestra e David (botouse de menos a Javier, o profe, que desta non nos puido aconpañar), cos membros de guitarra, acompañados por algún membro do coro para deleitar co tema Más allá, de Gloria Estefan. Fermosísimo!

E, coma sempre, deuse o premio as nosas tradicionais postais navideñas (e esperamos que cada ano se anime máis xente). Moitas felicitacións para todas e todos os que participaron, pois é algo maravilloso o ver como grandes e pequenos desmenuzan o sentimento do Nadal nunha folla de papel.

E chega o trineo con máis regalos. Agora si, chegaba o sorteo dos agasallos recibidos por Gran Leiriña e Biosleep, alén das nosas tradicionais cestas para nenos e adultos, para cerrar o acto coa participación da Rondalla Tanxedoira, que, coma sempre, fixo as delicias do público que asistiu, ademais de facelos participar.

Pois todo isto aconteceu no noso Festival. Desde o grupo de Festivais e dos membros da Xunta Directiva queremos agradecer e esperamos que fose do voso agrado. Do mesmo xeito, queremos desexarvos unhas felices festas e un próspero ano 2018.

Grazas por compartir estas datas con nós. Até a seguinte, Tanxedoirxs


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería 

Roberto López

29 dic. 2017

Concurso postais de Nadal

Vendo aproximarse o Nadal, Tanxedoira procedeu á convocatoria do seu tradicional Concurso de Postais, ao que responderon con entusiasmo socios maiores e pequenos.

Realizada polo xurado convocado para o efecto, da valoración dos traballos presentados, logo dunha difícil selección lograr, resultaron premiados os seguintes
Carmen Santiago e Ana Mª Ramos
(Categoría Adulta)

Mara Da Silva
(Categoría infantil)
A proclamación de vencedores e a entrega de premios realizouse no transcurso do Festival de Nadal, celebrado no Centro Cívico de Novo Mesoiro o pasado sábado 23 de decembro.

Xa haberá que ir pensando que nova obra presentarémonos ao concurso do próximo ano.

Por moito madrugar non amence máis cedo, porén non deixes para mañá o que poidas facer hoxe

Tanxedoira

3º Festival de Cáritas San Cristovo Das Viñas e San Luis Gonzaga

Ola a todos e a todas!

Xa solo comentaba o pasado ano: “Espero que o ano que vén nos volvamos ver outra vez no ·º festival”… E así aconteceu. A cantar con ledicia, con ánimo de se divertir e colaborar.

Sodés moi GRANDES, acédelo todo con moitas gañas e sen pedir nada a cambio. Non sabedme o que me axudastes no festival! Recollendo mercancías, vendendo papeletas, deixando as bolsas de alimentos e, sobre todo, dándome folgos sen parar.

Por todo isto, quero darvos as grazas. Mais non así, se non así:

GRAZAAAAAAAAAAAAAAAAS!

O festival desenvolveuse sen incidencias a expeción dunha señora á que lle tieven que dicir que pasara a botella de viño na mesa, que os demais tamén quería beber… Non a quería soltar! Hahahahahaha.

Canto aos números, cumprimos os obxectivos marcados no referente a público e recaudación.

Todos os grupos actuaron como tiñamos acordado, sen ningún tipo d problema. Todos fixérono moi ben, mais a min o que máis me gusto foi o coro, que cantan como os anxos!

Para finalizar, quero dar as grazas á dirección de Tanxedoira pola súa colaboración.

E agora imos ver que pasa co 4º Festival…

Alén de todo isto, foi para min un festival moi especial, porque estaban del o meu filho e a súa namorada, que viñeron para nos ver desde Valladolid. Grazas tamén a eles: Loreto e Fernando.

Un agarimoso saúdo de: Rosa, Loli, Begoña e Maxi de Cáritas S. Cristovo das Viñas.


 P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
Maxi Garcia

25 dic. 2017

Festival de Corais en Atios (Porriño)

Seguindo o espírito de colaboración da nosa Asociación Tanxedoira, o coro participou no Festival de Corais que se celebrou en Atios o pasado 19 de novembro. Non podiamos deixar escapar esa invitación e aló marchamos no bus até o Auditorio da Casa Cultural de Atios, no Porriño. A verdade é que a acollida foi moi agarimosa e os membros da Asociación de Atios estiveron pendentes de nós en todo momento.

No festival participaron a Coral Ponte das Febres de Ribadelouro, a Coral Polifónica de Atios e a noso coro Tanxedoira e transcurriu nun ambiente moi divertido, amigábel e, nalgúns momentos, cheo de emoción. Unha mostra foron as dedicatorias e numerosas mostras de cariño que recibiu o pai do noso compañeiro Xosé Luis Reza. E aínda que estabamos a finais do mes de novembro, xa se podían respirar o ambiente do Nadal.

Ao rematar o concerto puidemos compartir uns petiscos co resto de corais organizados polos anfitriões. E cando chegou o momento de marcharmos, fixémolo coa promesa dunha nova colaboración entre nós. Até outra! 
 
 
 P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
 
María García

24 dic. 2017

Un lugar para a memoria



As coincidencias da vida ás veces traen encrucilladas que nos deixan unha mestura de sabores difíciles de combinar, aínda que ao final acaban maridando ben. Tanxedoira celebra unha efeméride importante este ano como é o 40 aniversario do seu nacemento cunha filosofía esencialmente sinxela pero nada fácil de levar adiante; un ideal doado de citar nunha palabra pero non de practicar: compartir, en todas as súas acepcións. Isto implica altruísmo e moita sensibilidade empática. E nesta sociedade, malos tempos para a lírica.
Todo ese ideario (case nada!)  foi o que, quizais inconscientemente, asentaron as familias fundadoras na Asociación. E digo inconscientemente porque en conxunto eles eran así, altruístas, empáticos e sensibles; non creo que fose algo premeditado. Ben é verdade que no seo da parroquia de Santa María de Oza e co respaldo de Antonio Noche e Juan Vila (responsables espirituais da época) viña dado.
Non lembro o número de familias, pero si a todos eles, e o clima que creaban. Era tal o efecto contaxio que o entusiasmo creado anulaba outras alternativas fóra de alí. Eran matrimonios novos con fillos pequenos cun obxectivo común: construír para os seus fillos un espazo seguro de valores. Así empezou Tanxedoira.
Aquelas familias novas loxicamente cambiaron despois de 40 anos. Nalgúns casos tal foi o paso do calendario que desapareceron: Moncha Rey, Fernando Pombo, Teresa Oujo e algún que non foi fundador pero como se o fose, Rafael Carneiro.  Pero neste 2017 o número de baixas incrementouse de súpeto en catro. Concha Gómez foi a primeira, seguida poucos meses despois polo seu marido Clemente Seoane; no verán foi Nieves Prieto e este decembro Latina Precedo. Citar eses nomes en Tanxedoira é como traer á memoria ás grandes figuras do cine, da literatura ou da música. Eran (son), como os primeiros, grandes, decisivos, con ese título de nobreza que outorga o honor.
Non é cuestión de poñer unha nota triste en medio da festa, senón de alegrarnos pola sorte que tivemos de telos a todos eles en Tanxedoira. Creo que seriamos inxustos se non facemos un pequeno oco na festa, na memoria e no corazón para desexarlles o descanso que merecen e para agradecerlles todo o bo que nos deixaron. A sensibilidade lémbranos que debemos unir á celebración do aniversario o agradecemento para estas persoas que desde este ano xa non están connosco e que iniciaron ese camiño. Así maridan ben eses sabores.

Paz e gratitude eternas para todos eles.

                                                                                                                  XLG, decembro 2017

13 dic. 2017

Entrevista polo XL aniversario


Entre os actos que se veñen desenvolvendo por Tanxedoira con motivo do seu XL Aniversario, áchase a entrevista que lle fixo o programa Recendo, da asociación Aleixandre Bóveda e que se emite en Radio CUAC FM, o día 28 de novembro, a tres significativos representantes da asociación: Leticia Riestra, Presidenta; David Loureiro, Director do coro e da rondalla e; Marisa Becerra, socia veterana e grande colaboradora.

Os nosos representantes, do mesmo xeito que sempre, souberon estar á altura das circunstancias, explicando con detalle aos oíntes a tan particular forma de actuar da nosa asociación, agradecéndolles a sua voluntariedade para colaborar na expanxsión do nome de Tanxedoira



TanxedoiraTanxedoira

10 dic. 2017

Magosto 2017

O sábado 11 de novembro repicaron as campás en Tanxedoira e os tanxedoiros e tanxedoiras de todas as idades batemos as palmas e acudimos á chamada. O do partido previo quedou en nada, mais eu creo que non foi por preguiza de se pór en pantalón curto, senón pola xenerosidade de ir buscar as castañas máis marabillosas do mundo, preparadas para asalas e poñelas despois sobre as brasas para que chegaran quentiñas á mesa e ás mans dos comensais.

Miña nai decía que non había mellor tertulia que a que se acompañaban de “castañas asadas e niño con mel”. O día 11 non houbo mel, mais houbo castañas riquísimas e un viño que tamén estaba moi bo. Alén disto, tamén había auga, refrescos, magníficas sobremesas aportadas por mans habilidosas e xenerosas e, como non, moito humor, moitas risas y sobre todo sorrisos que acompañaban todos os xestos. Que máis se pode pedir?

Hai moitas celebracións do magosto, esa sobrosa benvida ao inverno que sabemos celebrar a xente do norte. Porém, a deste ano é máis especial se cada. Sobraron castañas e doces, e mesmo a alegría estallaba en todo momento. De cada celebración á que asisto saio coa mesma idea: esta foi a melhor! E a seguinte vez caio na conta de que estaba trabucada.

Este ano, amigos e amigas, dádelo todo. Grazas mil!
P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

Rosario Barros

XL Aniversario no C.C. Novo Mesoiro

O pasado día 18 de novembro, e continuando a orde programada de actuacións, o grupo de cantos populares de Tanxedoira deleitou coas súas cancións a todo o persoal que nos agardaba ansioso no Centro Cívico de Novo Mesoiro.

Ás 19h. un pouco pasadas, saían á escena os e as compoñentes deste grupo, que abarca persoas do coro e da rondalla.

Ás ordes do director David Loureiro, interpretaron durante case unha hora cancións coñecidas de todos e todas, que foron canturreadas e aplaudidas pola maioría de persoas que abarrotaban o salón do centro cívico.

Se aínda non os escoitache, non deixes de ir ás próximas actuacións.

Agardámoste
 

P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

Jesús García