16 ene. 2018

Agradecemento a unha poetisa


Deséxase deixar constancia do agasallo especial que recibiron os membros do grupo de Cantos Populares, despois da súa actuación no xeriátrico DomusVi de Oleiros, agasallo consistente na declamación de dúas fermosas obras da poetisa Dna. Berta Baltar Traveso. Grazas por iso
 
Tanxedoira

Showcooking

O sábado 13 de xaneiro, despois de todas as comelladas do Nadal, e como en Tanxedoira gostamos pouco do de comer, tivo lugar un showcooking da man do cociñeiro José Ramón Riestra. E que é iso do showcooking? Pois amosarnos e ensinarnos a cociñar dándonos consellos e trucos. Esta vez a elección foi unha serie de petiscos e unha sobremesa.

Despois dunha simpática presentación, comezou a explicación dos pratos que iamos aprender a cociñar. Todos con ingredientes mercados en supermercados e axustándose a un presuposto asequíbel e á altura de todos os petos (nada de bogavantes nin caviar) e con procedimentos materiais presentes en todas as cociñas (nada de escumas nin de esferificacións). Agora ben, a publicidade que se fixo de Makro e Ikea non ten prezo… as próximas veces imos ter que lles pedir descontos polo patrocinio…

Comezamos cunhas zamburiñas en salsa de allo porro (salsa que pode ser empregada con calquera outro molusco e mesmo con arroces), que, pola súa sinxeleza na elaboración e o sabor, conquistou os asistentes xa desde o primeiro momento.

A seguir, continuou cunha milfollas de mango e queixo de cabra e outra de mazá e crema de froitos secos. Ambas as dúas foros feitos cunha elaboración bastante sinxela e asequíbel, incluso para as preguiceiras na cociña, como é o meu caso.

Despois, pasamos aos pratos que requerían un pouco máis de elaboración, como foi o caso dos cogumelos rebozados con salsa de cabrales e luras recheas de atún con cordón de alioli.

Para rematar, degustamos piña gratinada, que fixo as delicias de todas as persoas asistentes (mira que somos larpeiros e larpeiras…).

A verdade é que a xente desfrutou e aprendeu moitísimo, xa que, mentres o chef ía preparando e explicando os pratos, ía resolvendo todas as dúbidas que nos xurdían, así como dando pequenos consellos e trucos. É por iso que, o tempo botóusenos enriba e, cando caemos na conta, xa tiñan pasado tres horas. Mais todo o mundo resistiu ao pé do canón, porque había gañas da sobremesa. Agora só resta agardar a seguinte para aprender novos trucos e pratos cos que sorprender á familia e ás visitas.
 

P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería 
Leticia Riestra
 

13 ene. 2018

Concerto Corais

Máis unha vez, a música uniunos outro sábado pola tarde. Desta volta, na igrexa da Terceira Orde, con motivo do XL aniversario da nosa Asociación Tanxedoira. Alí estivieron, xunto co noso coro, tres grupos: de Lugo, Pontevedra e Mera, que interpretaron temas moi cometidos na nosa terra galega, como O voso galo ou Mariñeiro. Puidemos escoitar panxoliñas populares, típicos destas datas, como un que hacía anos que non ouvía: Aló entre as pallas. Logo do xa mencionado Mariñeiro tamén puidemos ouvir outros como Cativiño, de recente estrea no noso coro. Despois dun variado repertorio, tocaba repor forzas para continuar a festa, mais dun xeito máis informal. Á fin dos petiscos, todos e todas xuntos entoamos cancións como O carro, O rodaballo etc. E xa non había grupos, éramos persoas facendo o que máis nos gusta: cantar e desfrutar coa música


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería 
Mar Pombo

10 ene. 2018

Chocolatada

O pasado domingo 8 de xaneiro de 2018 fixemos unha chocolatada en Tanxedoira, veu moita xente e pasámolo xenial.

Ademais o chocolate estaba boísimo! Somos unha grande familia e pasámolo xenial. Agardo que para o ano que vén se repita e haxa outra igual.
Carlota Blanco