15 abr. 2018

Cantos Populares no C. C. Sagrada Familia

O sábado 10 de marzo fomos actuar ao Centro Cívico da Sagrada Familia. Alí cantamos moitas pezas populares e o público estaba encantado. De feito, un señor pasou a meirande parte da actuación gravando co seu marabilloso iPhone 5.

Despois, unha señora preguntounos onde ía ser a nosa seguinte actuación, xa que lle gostaramos moito.

Ao rematar, fomos todos xuntos ao local de Tanxedoira para tomar uns pinchos e pasámolo xenial cantando e bailando toda a tarde. 

Carlota Blanco.

14 abr. 2018

Actuación no C. C. Santa Margarita.


Sábado 7 de Abril. Este ano a Asociación Cultural Tanxedoira cumpre 40 anos e vímolo celebrando ao grande. Estamos a percorrer os Centros Cívicos da Coruña cos nosos cantos populares e hoxe correspóndelle ao C. C. Santa Margarita. Ben, digo estamos, mais non me presentei. Para quen non nos coñeza, dicir que somos o coro da Asociación Cultural Tanxedoira, e imos cantando as nosas cancións populares que toda a xente maior coñece. Alí onde imos alegrámoslles a tarde e eles felices, pois participan connosco e dá gusto velos tan contentos. Connosco vén Leticia Riestra (presidenta) coa súa guitarra, o noso compañeiro de rondalla Tito e, como non, o noso Director David. Coas súas guitarras e os nosos cantos amenizamos as tardes ao noso auditorio. A verdade é que nós o pasamos moi ben, pois somos un grupo de xente de distintas idades, desde os 6 ata os 80 anos, e levámonos estupendamente, e así desexo que siga sendo sempre. 


Puri Seoane.