29 jul. 2018

Cantos no xeriátrico Ballesol


O pasado día 9 de xuño o Coro Tanxedoira actuou cos seus “cantos de taberna” na residencia Ballesol, dun xeito desinteresado, como é habitual. E fíxoo diante dun numeroso e participativo público, que, en todo momento, acompañou os integrantes do coro nas súas cancións. 
 
Sempre é moi grato, aínda que sexa só durabte un pedazo, o ver as caras de alegría das persoas que alí residen. 
 
 
 
Luis López

Sardiñada 2018

O pasado 22 de xuño celebrouse a tradicional sardiñada de Tanxedoira. 
Este ano ubicouse novamente na praza anexa ao noso local, onde se deron cita diversos amigos e amigas de Tanxedoira. 
Despois de finalizar a Asamblea, e grazas a Manolo, Luis e Moncho, que prepararon as sardiñas, o churrasco e o polo para os grandes e o máis pequenos, demos boa conta dun exquisito manxar, mistura de mar e terra, como a mistura que conforma a diversidade de persoas que formamos a familia Tanxedoira. 
Unha vez rematado, mentres os máis pequenos xogaban pola praza, os maiores estaban arredor das mesas (por non haber lareira) a contar contos. 
Só faltou, dado que eran horas “elevadas”, facer algún dos cantos tradicionais tan típicos das nosas festas. Outra vez será. 
Tan só me resta desexarvos a todos e a todas un bo verán e que carguedes as pilas para o vindeiro curso. FESTAAAA.

Jorge López Vilariño