28 oct. 2018

Comellada de principio de curso

O pasado seis de outubro tivo lugar a tradicional comida de curso da asociación. A nosa mundialmente coñecida como “comida del traje”: Yo TRAJE croquetas, yo TRAJE tortilla, yo TRAJE empanada… Entendédesme, non si?
 
Pois iso. Este ano os “trajes” foron moi variados e puidemos desfrutar de pizzas e empanadas caseiras, ensaladas rusas, tortillas, morcillas de Burgos, embutidos variados e… percebes! Si, tal e como o ouvides! O ano pasado houbo mexillóns e este ano PER-CE-BES!
 
E, por suposto, todo un surtido de postres: tartas de queixo, biscoitos e froita para os máis sanos, que non todo van ser calorías.
 
Despois de desfrutar da comida, Chus e unha servidora estivemos tocando un rato a guitarra (a falta de David, nós fixemos o que puidemos, verdade, Chus?) e a xente, timidamente, cantou un pouco.
 
Este ano fomos poucos, a verdade, pero con moita simpatía e complicidade entre todos e todas nós. Para o próximo ano agardamos que moita máis xente se anime, xa que as festas, canto máis concorridas, mellor! 


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

Leticia Riestra.