3 nov. 2019

Acto de convivencia

O pasado día 1 de Novembro, festividade de Todos os Santos, os membros dos grupos artísticos de Coro e Rondalla tiveron que realizar os seus ensaios, como todos os venres, a pesar de ser un día festivo.

Mais non desaproveitaron a oportunidade de poder realizar un novo acto de convivencia, para o que, unha vez finalizado o “traballo”, reuníronse co fin de facer un pequeno picoteo a base dunha gran variedade de especialidades de pizza. Foi un momento moi agradábel, en que tamén se gozou dalgunhas maquillaxes e disfraces acordes á festividade





P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería




 Tanxedoira

Festa do Samaín

Calquera excusa é boa para pasar un bo rato cos amigos e a familia. En Tanxedoira, non precisamos excusas para reunirnos, comer, cantar e pasar un momento agradábel.
Celebrar o magosto, pois, non é unha excusa: é unha razón de peso.

Chegamos ao local e o cheiro das castańas asadas xa quencía a atmósfera. Comezan a forxarse moitas conversas tan interesantes que xa non de sabe a cal delas xuntarse. 

Se as risas e a manduca non abondasen, de súpeto organízase o karaoke: mozos e non tan mozos soltan a melena e dano todo... pero todo, to-do... Organízase unha timba de tute nunha mesa, aínda que é difícil cantar as corenta con tanto barullo.

Unha tarde en boa compañía é un verdadeiro tesouro. E o bo libro di que onde queira que estea o teu tesouro tamén estará o teu corazón. Grazas, Tanxe, xa que vos estades a colar neste pequeno corazón


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

Isolina Rodríguez

7 oct. 2019

Xuntanza de comezo de curso

O día 6/10/2019 tivemos unha xuntanza na nosa asociación Tanxedoira. E digo na nosa porque me fixeron sentir unha máis desde o primeiro minuto. Por iso, antes de contarvos todo o que fixemos neste día, quero darlle as  grazas a todos e cada un dos compoñentes da asociación.

Ben a comida foi denominada como "de traje" (pronto entenderedes o significado do nome). Pois estaba programada para as 14:00. Comezou a chegar a  xente e cada un dicía: “traje tortilla”, “traje empanada”, “traje ensalada de pasta”... e, de aí o de comida "de traje". Cada un trouxo unha cousa. Como poderedes imaxinar en menos de media hora aquelas catro mesas estaban a rebentar: tortillas, ensalada de pasta, ensaladilla, nuggets, pastel (non recordo de que), patés, patacas, olivas, rixóns ect. E para non ser menos outra mesa chea de sobremesas: arroz con leite, biscoitos varios, tarta de queixo normal, con arandanos, tarta de obleas e nocilla, froita e máis cousas.

Despois dunha pedazo comida con xente marabillosa, a nosa presi Leti, que por certo e xenial, pediulle a David que tocase a guitarra e ambos os dous comezaron a amenizarnos con cancions de Raphael, A Carolina, Sarandoga etc. E comezamos a bailar... Olga, Py, Susana e outras compis marabillosas  animáronse tamén. E porque Manolo (que creo que así se chamaba) acababa de irse, que se non ninguén o libraba de bailar unha repichoca conmigo. Un home moi agradábel. De súpeto, da nada saíu o son dunha gaita  tocada por un señor moi simpático, que non tiven o pracer de coñocer persoalmente.  
 
Ben e despois de bailar un pouco funme coa miña amiga Luci porque tiñamos outro compromiso.

A verdade é que marchamos cun bo sabor de boca polo ben que o pasamos. E agardamos que xa pronto fagan outra e anímovos a todas as persoas da asociacion que non viñestes desta volta a que vos animedes para a próxima. Asegúrovos que se pasa moi ben e a xente é espectacular. 

Simplemente grazas a todos e a todas, moi especialmente a Leti e a Py, que é marabillosa. Bicos.



P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

Isa

17 jul. 2019

Actuacións de Tanxedoira

A chegada das estacións máis luminosas animan, en maior medida, a abrir os corazóns das xentes, e até as propias organizacións reciben de bo grao aquelas posibilidades de ofrecer aos seus colectivos actividades encamiñadas ao entretemento e goce.

Pola súa banda,  Tanxedoira sempre está disposta a colaborar coas organizacións que llo solicitan, e, de maneira especial, con aquelas que  están abertas a persoas con diferentes realidades ou diversidades.

Ambas as dúas circunstancias fixeron posíbel o dar respostas a diferentes solicitudes que demandaban a participación dalgúns dos diversos grupos que ten a asociación. Así, o 24 de maio o grupo de Cantos Populares actuou en Cáritas da Sacra Familia, sentíndose ben acollido (como é costume) nas súas visitas ás súas instalacións. Tamén o día 31 do mesmo mes, o grupo de Cantos Populares desprazouse até o Centro Cívico  da Cidade Vella, alegrando a tarde ás persoas alí presentes, as cales agradeceron a actuación. Continuando coas súas colaboración, o día 8 de xuño, Tanxedoira desprazou até o centro de maiores  DomusVI de Oleiros ao seu grupo de Cantos Populares, centro que, o día 9 de xuño, tamén puido gozar da presenza do Grupo de Teatro, que representou a obra Agua, azucarillos y aguardiente. En ambas as dúas actuacións os asistentes mostraron o seu agradecemento con afectuosos aplausos. Finalmente, o coro participou na celebración das comuñóns que se realizaron os días 23 de xuño e 7 e 25 de xullo na parroquia Resurrección do Señor.



Tanxedoira

16 jul. 2019

Sardiñada 2019

O venres 28 de xuño, despoi da Asemblea Ordinaria de todos os anos, tivo lugar a tamén anual sardiñada. Fixémola, igual que en moitas outras ocasións, aproveitando o bo tempo, enfronte do local, onde ademais tivemos a oportunidade de estrear a nosa nova  barbacoa... A mí me tocó montarla, aunque en la última parte del proceso tuve colaboradores, así que en pouco menos dunha hora estivo montada.
E mentres algunhas persoas asistían a asemblea, outras foron comozando a facer as brasas para procurar que a comida esrivese feita axiña!
Ao mesmo que o ano pasado, fixemos sardiñas, algo de carne e chourizos crioulos, para todo o mundo puidese comer de todo un pouco. O que nos sobrou, coma sempre, foi o pan, que nunca acertamos coas cantidades (hehehe).
A mágoa foi, igual que o ano oasado, que nos dividimos entre o local e o parque, debido as persoas que tiñan algo de frío. As do parque como estaban próximas ás brasas...
Mais ben, en calquera caso, estivemos a desfrutar da compañía mútua e do espírito de Tanxedoira até ben preto das once da noite.
Todo saíu estupendamente, así que agardamos que o ano que vén se anime máis xente, que xa se sabe: cantos máis, máis e mellor!
Non quería rematar sen lle dar as grazas aos cociñeiros: Jorge Blanco e Manolo Rama, que estiveron ao pé do canón facendo as brasas e a comida para que os demais só tiveramos que desfrutar!


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

20 jun. 2019

Móllate!! Xan Xoán 2019!!

Xuntanza dos membros do grupo de teatro con photocall incluído! Desde Tanxedoira queremos colaborar co programa de educación ambiental #Móllate #SanXoán2019 que traballa arreo para salvar os nosos océanos.
 
Animámosvos a participar desta proposta pola ecoloxía e, lembrade, este San Xoán que o lixo non acabe no mar! :)
 







 

4 jun. 2019

Cardo de prata 2019

Queremos dar a noraboa ao director do grupo de teatro: Jesús García Fernández, que vén de gañar o Cardo de Prata outorgardo pola asociación Hogueras de San Juan.
Un premio máis que merecido pola colaboración que cada ano mantén con esta agrupación ao pór sobre a escena numerosas obras de teatro divertidas e espectaculares. E sempre traballando desde o amor, o altruísmo e a afección por esta arte.
Tanxedoira tamén quere aproveitar esta efeméride para enxalzar o labor que desinteresadamente leva a facer durante tanto tempo e os resultados tan bos que foi colleitando ao longo dos anos, sempre levando o nome de Tanxedoira e a súa filosofía como bandeira!
Noraboa, Jesús! 
 
Tanxedoira

Comida Grupos Artísticos

Día 2/6/19. Hora 14. Todas e todos fomos chegando e incorporándonos ao comedor Hotel Eurostars (o antigo NH Atlántico, que igual soa máis) para, ao igual que outros anos, celebrar o xantar dos Grupos Artísticos xunto a familiares, amigos e simpatizantes, todos integrantes da nosa querida e entrañábel Asociación Tanxedoira.
Talvez asistimos menos dos que desexariamos ter ido, mais as circunstancias moitas veces condiciónannos.
Non obstante, e coma sempre, o espírito de confraternidade e de compartir momentos agradábeis que nos caracterizan presidiron o xantar.
Ao se tratar dun buffet, cada persoa, dentro do que había dispoñíbel, puido elixir o que mellor se acomodaba aos seus gustos. Ben, mais os callos podían picar un bocado máis, aínda que sobre gustos...
Sobremesa de charla, aínda que quizais botamos algo en falta algo que sempre nos acompaña aló onde imos: un pouco de música. Mais, en fin... outra vez será!
Así que, até a próxima reunión en que volvamos ter a ocasión para estar xuntos e xuntas e poder desfrutar da compañía e a integración na nosa benquerida familia de tanxedoiros e tanxedoiras.
 
Grazas!


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

 Manuel Riestra

25 may. 2019

Teatro Tanxedoira nas Hogueras de San Juan

Din que o meu é puro teatro... e é certo, pouco se equivocan!
Aínda que eu non o fago, non podo evitalo: o teatro corre polas miñas veas.
O meu nome é Susana e son a filla de dous grandes artistas.
Os que puidestes asistir ao encontro do 17 de maio no Centro Social Sagrada Familia xa comprobastes que o salón de actos estaba completamente CHEO.
Ás 19h o grupo de teatro Tanxedoira abría o telón e encandilábanos a todos e a todas cos seus “Recuerdos de zarzuelas”. En concreto, vimos tres fragmentos de tres obras que para min xa eran coñecidas, mais aínda así non me canso de ver:
- La Dolorosa
- La tabernera del puerto
- Agua, azucarillos y aguardiente
 
Desde o patio de butacas desfrutamos ao máximo: risas e algunha que outra bágoa. E é que as zarzuelas, para min son o recordo da infancia. Alén disto, o poder ver os meus pais xuntos, sobre o escenario, compartindo miradas, complicidade e bailes, foi unha moi grata sorpresa, que aínda me emociono agora que o lembro.
Por suposto, gustaríame AGRADECER e FELICITAR a todo o Grupo de Teatro Tanxedoira, non só polo seu grande labor e posta en escena, se non tamén polo traballo que hai detrás, algo que, moitas veces, non é visíbel: horas para preparar o escenario, vestiario, música, memorización dos guións, ensaios e... máis ensaios!
Vese de lonxe a dedicación deste grupo de persoas e as horas de empeño para que todo saia ben. Conozo moi ben, e de preto, a todo o elenco: GRANDES artistas e MELLORES persoas. Vamos, que me declaro fan incondicional de todas e todos eles.
Vémonos na próxima. Unha aperta e, con perdón... moita merda!


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

Susana García.

9 may. 2019

XLI Aniversario

Si, aínda que non o o creamos son xa 41 anos de esta nosa Asociación.
O 27/04/2019 comezaron os festexos do Festival XLI Aniversario xa ben cedo. Os compoñentes do coro  ás 10:30  da mañá xa estabamos no C. Cívico dos Mallos para ensaiar as cancións que iamos cantar pola tarde no festival.
Despois o ensaio de Rondalla, que rematou máis ou menos sobre as 13:00.
Comeza o Festival. Nervios. Ensaio de todos os grupos para quentar as voces e os instrumentos. Como en todos os espectáculos, antes de comenzar hai moitos nervios e carreiras para ter todo a punto.
TELÓN ARRIBA
Érguese o telón e… ABARROTADO!  Incríbel. Grazas a todos e a todas por asistir. Isto anima aos grupos a seguir traballando.
  
Os grupos que actuaron:
Coro Tanxedoira. Director:  David Loureiro.
Cantaron:
Siyahamba.
El valle del Cañete.
Aria Agraria.
DAVID, que paciencia tes con nós!! Grazas.
Pandeiretas de Tanxedoira. Directora: Cristina Sagra. Tocaron e cantaron:
Maneo de Cabaleiros.
Ribeirana de Aboal.
Jota de Oroso.
Coro Xoven da Esmu Pepe Valiña e a coral Xan Mella. Dra.:Tatiana Pankratova. Presentaron un programa  a base de temas pop, cantigas, habaneras e música sudamericana, acompañados polo pianista Pablo Queiro. A petición do público tiveron que cantar outra canción, xa que os aplausos non pararon até que comezaron a cantar unha canción en ruso que se titula:   KATIUSHA. Moi bonita!
Teatro: Dr. Jesús. Aquí tivemos un pequeno percance. Enfermou unha das protagonistas e non puideron facer o que tiñan previsto. Pero o director de teatro ten solucións para todo e el mismo arremangouse para facer un número sobre a guerra, tal cal o facía o mestre deste xénero: o  Sr. GILA. Que risas entre o público! Debería facelo máis a miúdo! Faino moi ben.
  
Srta. Marta Méndez: 
Unha rapaciña que ten unha voz espectacular e que nos deleitou cantando a bonita canción LELA.
Aplausos dos bos. Como canta a nena!


Rondalla Tanxedoira.  Dr. David Loureiro.
Tocaron:
Bonnie and Clyde.
El Vuelo del Cóndor.
When I´m sixty-four.
Danza de Albarellos. Esta última a petición do público, que no quería que rematara a festa.
FIN DO FESTIVAL
Dase fin ás actuacións faciendo entrega duns  detalles para os participantes.
Non me esquezo dos presentadores Carmen e José Luis. Fantásticos! Superando os erros do micrófono como mellor podían facelo, con HUMOR, que para iso son de teatro e saben improvisar.

Unha vez finalizadas as Actuacións, todos os participantes dirixímonos á Igrexa de S. Luis de Gonzaga, onde tomamos un pequeno picoteo e uns refrescos. E, coma sempre, todos xuntos cantamos as típicas cancións das festas. Grazas.
Non quero deixar de dar as GRAZAS a Don Manuel, párroco de S. Luis de Gonzaga, que nos cedeu o local onde tomamos os petiscos e a J. Antonio, que colaborou con nós de maneira exemplar.
Xa falta menos para o XLII ANIVERSARIO!


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
Maxi García

Xuntos para a laconada

O pasado domingo 17 de febreiro celebrouse a programada laconada no restaurante Javimar.
Unhas cincuenta persoas démonos cita ás dúas e media para desfrutar e saborear a tradicional laconada que soe facer a Asociación Cultural Xuvenil Tanxedoira por estas datas do Entroido. 

Ao escribir isto venme un sorriso aos meus beizos polo de “xuvenil”, porque as persoas que estabamos alí... Ben, sen entrar en moitos detalles...: a idade está no cerebro e non nos anos vividos. Eu falo por min e supoño que aos demais halles pasar o mesmo: temos as mesmas ilusións de vivir e desfrutar da vida como se tivésemos vinte anos.

Ese era o ambiente que se respiraba nesa comida: alegría, bo humor, charlar, rir, saborear e desfrutar da comida en boa compañía.

O menú, o normal: unha sopa de entrante e logo o cocido cos seus grelos, patacas, garabanzos, lacón, costela, chourizo, orella...
De sobremesa, o típico tamén por estas dstas: filloas coa súa cremiña e mel (para que cada un a tomara ao seu gusto) e orellas.
Non faltou o correspondente café de pota coas súas gotas e... a repetir! E, posteriormente, ás seis da tarde, eu tiven que marchar porque tiña outros compromisos, pero xa estaban comezando a preparar as guitarras para iniciar a sesión de cantos populares en que participan todos os comensais e en que a xente desfruta plenamente. E conozo moi ben esta sensación, por telo vivido con anterioridade en numerosas ocasións, enchendo o cerebro de endorfinas, que se alguén non sabe o que son, xa lle digo eu que son as que producen a felicidade! Agradezo infinitamente á Directiva de Tanxedoira que me tiveran en conta para facer esta “reportaxe”, pois debido a miña idade e a distancia á que vivo impídenme colaborar con Tanxedoira como eu quixese, mais continúo aí para o que queirades e eu poida, mentre Deus mo permita! Unha aperta moi forte para todos e todas.


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

 
Germán Cortés

Cea do alumnado de baile o 12 de xaneiro

Só levo dous anos pertencendo a esta asociación, mais teño que dicir que me sinto tan a gusto como se estivese nela toda a vida. Aquí acóllente con moito cariño e sínteste integrada ao momento. Dá igual a idade, o sexo ou a condición social.
En Nadal fixemos unha cea o grupo de zumba e... alá fomos! Desde nenas até maiorciñas, mais a diferenza de idade non importou porque o pasamos pipa!
Agardo que a fin de curso se repita e que, como mínimos, o pasemos igual.

Fina Muñoz