20 jun. 2019

Móllate!! Xan Xoán 2019!!

Xuntanza dos membros do grupo de teatro con photocall incluído! Desde Tanxedoira queremos colaborar co programa de educación ambiental #Móllate #SanXoán2019 que traballa arreo para salvar os nosos océanos.
 
Animámosvos a participar desta proposta pola ecoloxía e, lembrade, este San Xoán que o lixo non acabe no mar! :)
 







 

4 jun. 2019

Cardo de prata 2019

Queremos dar a noraboa ao director do grupo de teatro: Jesús García Fernández, que vén de gañar o Cardo de Prata outorgardo pola asociación Hogueras de San Juan.
Un premio máis que merecido pola colaboración que cada ano mantén con esta agrupación ao pór sobre a escena numerosas obras de teatro divertidas e espectaculares. E sempre traballando desde o amor, o altruísmo e a afección por esta arte.
Tanxedoira tamén quere aproveitar esta efeméride para enxalzar o labor que desinteresadamente leva a facer durante tanto tempo e os resultados tan bos que foi colleitando ao longo dos anos, sempre levando o nome de Tanxedoira e a súa filosofía como bandeira!
Noraboa, Jesús! 
 
Tanxedoira

Comida Grupos Artísticos

Día 2/6/19. Hora 14. Todas e todos fomos chegando e incorporándonos ao comedor Hotel Eurostars (o antigo NH Atlántico, que igual soa máis) para, ao igual que outros anos, celebrar o xantar dos Grupos Artísticos xunto a familiares, amigos e simpatizantes, todos integrantes da nosa querida e entrañábel Asociación Tanxedoira.
Talvez asistimos menos dos que desexariamos ter ido, mais as circunstancias moitas veces condiciónannos.
Non obstante, e coma sempre, o espírito de confraternidade e de compartir momentos agradábeis que nos caracterizan presidiron o xantar.
Ao se tratar dun buffet, cada persoa, dentro do que había dispoñíbel, puido elixir o que mellor se acomodaba aos seus gustos. Ben, mais os callos podían picar un bocado máis, aínda que sobre gustos...
Sobremesa de charla, aínda que quizais botamos algo en falta algo que sempre nos acompaña aló onde imos: un pouco de música. Mais, en fin... outra vez será!
Así que, até a próxima reunión en que volvamos ter a ocasión para estar xuntos e xuntas e poder desfrutar da compañía e a integración na nosa benquerida familia de tanxedoiros e tanxedoiras.
 
Grazas!


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

 Manuel Riestra