7 oct. 2019

Xuntanza de comezo de curso

O día 6/10/2019 tivemos unha xuntanza na nosa asociación Tanxedoira. E digo na nosa porque me fixeron sentir unha máis desde o primeiro minuto. Por iso, antes de contarvos todo o que fixemos neste día, quero darlle as  grazas a todos e cada un dos compoñentes da asociación.

Ben a comida foi denominada como "de traje" (pronto entenderedes o significado do nome). Pois estaba programada para as 14:00. Comezou a chegar a  xente e cada un dicía: “traje tortilla”, “traje empanada”, “traje ensalada de pasta”... e, de aí o de comida "de traje". Cada un trouxo unha cousa. Como poderedes imaxinar en menos de media hora aquelas catro mesas estaban a rebentar: tortillas, ensalada de pasta, ensaladilla, nuggets, pastel (non recordo de que), patés, patacas, olivas, rixóns ect. E para non ser menos outra mesa chea de sobremesas: arroz con leite, biscoitos varios, tarta de queixo normal, con arandanos, tarta de obleas e nocilla, froita e máis cousas.

Despois dunha pedazo comida con xente marabillosa, a nosa presi Leti, que por certo e xenial, pediulle a David que tocase a guitarra e ambos os dous comezaron a amenizarnos con cancions de Raphael, A Carolina, Sarandoga etc. E comezamos a bailar... Olga, Py, Susana e outras compis marabillosas  animáronse tamén. E porque Manolo (que creo que así se chamaba) acababa de irse, que se non ninguén o libraba de bailar unha repichoca conmigo. Un home moi agradábel. De súpeto, da nada saíu o son dunha gaita  tocada por un señor moi simpático, que non tiven o pracer de coñocer persoalmente.  
 
Ben e despois de bailar un pouco funme coa miña amiga Luci porque tiñamos outro compromiso.

A verdade é que marchamos cun bo sabor de boca polo ben que o pasamos. E agardamos que xa pronto fagan outra e anímovos a todas as persoas da asociacion que non viñestes desta volta a que vos animedes para a próxima. Asegúrovos que se pasa moi ben e a xente é espectacular. 

Simplemente grazas a todos e a todas, moi especialmente a Leti e a Py, que é marabillosa. Bicos.



P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

Isa