5 abr. 2020

A Rondalla confinada

Nin o COVID-19 nin a corentena evitaron que en Tanxedoira houbese algúns membros que se conectasen a través de Internet. Así foi o caso de alguns compoñentes da rondalla que, utilizando a aplicación Zoom, puideron realizar unha videoconferencia o día 29 de marzo, demostrando unha vez máis a boa sintonía que existe no colectivo.



Laconada 2020

E máis un ano chegou a nosa típica laconada de Entroido... E xa había gañas de se xuntar con todos e todas e pasar unha comida e unha sobremesa en familia con Tanxedoira. Sobre todo porque o ano pasado xa perdera de ir, así que sí: xa había gañas.

Este ano fixémola no mesón A Chispa, onde xa tiñamos ido en ocasións anteriores, mais onde nunca tiñamos feito unha laconada. E, a verdade, a min, persoalmente, gustoume moito.
Tardaron un pouco en servir ao principio... De feito estaban case todos comendo menos eu, que estaba a esperar polos chourizos para acompañar os meus grelos. Porén, foi todo tan abundante que até sobrou. E estaba todo súper rico.
 
Despois, para seguir, David e Jesús puxéronse coas súas guitarras. Ben... minto! Jesús púxose coa súa guitarra, porque... David rouboume a miña!
 
E coido que o estaban a pasar ben até os rexentes do mesón, poroque cando decidimos marchar, xa case preto das 18h, dixéronnos que podiamos quedar todo o tempo que desexásemos. Haberá que Loagardar á próxima ocasión para volver pasar unha xornada tan divertida.



 Leticia Riestra



P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

29 mar. 2020

Carnavales nos ensaios

Todas as oportunidades son boas para desfrutar dun día de festa. E tal é así, que, o día 29 de febrero, con motivo dun ensaio da rondalla, os seus compoñentes e as persoas acompañantes, montaron unha pequena troula ao finalizar o traballo, onde, alén, non faltaron os disfraces. Que non se perda a ledicia!



P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

21 mar. 2020

Teatro no Centro Civico do Castrillón coa obra "Robar y jugar"

Sábado, 15 de febreiro de 2020, ás 18:30h no Centro Cívico de Castrillón. Con nervios (moitos) e gañas de pasalo ben, levamos a cabo a representación da obra Robar y jugar. E digo o dos nervios, porque para algunha era a súa primeira representación en público.
Mais o esfuerzo de tantos ensaios deu os seus froitos e abofé se saíu. Bordada! Fluída e continua, como no podía ser doutro xeito.
Todas as persoas que alí estabamos (actores, actrices e público) desfrutamos, sobre todo os últimos, que se divertiron “de lo lindo” vendo as fedelladas dunhas nenas e os apuros dos ladróns para intentar “expropiar" algo nunha casa de "pata negra". Alén disto, o servizo estaba un poco cansado xa de tantos marqueses e marquesiñas. Tan ben o estaba a pasar o público, que la obra axiña lles pasou nun plis-plas. De feito, algúns até pensaron cuando rematou a obra que aínda era o descanso.
FELICITACIÓNS (así, con maiúsculas) para todos os actores e atrices por el rato xenial que pasamos. E, por suposto, a Jesús (o noso DIRE), polo seu bo facer e aguante para conducirnos e facernos chegar a bo porto con todas as obras que o Grupo de Teatro Tanxedoira repesenta cos mellores ánimos, gañas e intencións. E todo isto, ademais, para que cada día o nome da Asociación Cultural TANXEDOIRA sexa un bocadiño máis coñecida en todos os ámbitos.
Saúdos.



P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
 
Manolo Riestra

Chocolatada


Un ano máis reunímonos en Tanxedoira para tomar unha deliciosa chocolatada. Non son os churros, non é o chocolate: é a compañía de todos os asistentes o que fai que sexa unha tarde diferente, agradábel e amena. 

A pesar de que este ano non foi tan concurrida coma outras veces, anímovos a todos e a todas a que asistades para a seguinte reunión, sobre todo os socios novos: repetiredes seguro. 

Xa sabedes que non falta de comer nin de beber, boa música, partidas de cartas, xogos de mesa (faltan as apostas, mais esas non están permitidas, de momento!) e risas. 

Este ano tivemos máis cativos e sempre é motivo de ledicia contar cos seus berros e coas súas carreiras, a fin de contas son os que manteñen nova a familia Tanxedoira.


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
 

Sylvia Buituron

18 ene. 2020

Festival de Nadal

O 21 de decembro tivo lugar o festival de Nadal da asociación. Para min é o primeiro! E comecei ao grande: tocoume ser presentadora do festival xunto ao meu compañeiro Isaac. Os dous estabamos moi nerviosos ao saír a presentar por vez primeira, mais, segundo foron pasando as actuacións, todo foi fluíndo. Xuntos, entre bambalinas, vimos os nervios e as présas de última hora por parte dos participantes. 

Puidemos desfrutar dunha actuación do coro moi acorde coa época do Nadal, con varias panxoliñas. Tamén vivimos actuacións de acordeón, pandeireta, un monólogo, rondalla e baile.
Mentres se entregaban os premios dos torneos e se sorteaban as cestas de Nadal, nós aproveitamos para cambiarnos de roupa, xa que era a nosa quenda de actuar con Rosa e as nosas compañeiras de baile.

Comezamos con algún que outro incidente, xa que non ía o equipo de música, mais nada que non se puidese solucionar. Os meus compañeiros e mais eu démolo todo e, pola miña parte, quedei con gañas de bailar un par de cancións máis.

Mais a festa non quedou aí: no local xuntámonos para beber, comer e continuar a desfrutar un bocado máis.



P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería



Marta Calviño

XVI Memorial Pepe Valiña. Baio (Zas)

Un ano máis celebrouse o festival Pepe Valiña.

Para min, a primeira vez que teño o pracer.

Na cabeza o pensamento de que por mor da chuvia, non se ía celebrar... Ou que a xente non ía querer ir!

Mais que va... quen dixo medo!  e aí fomos, aínda que parecía que caía o diluvio ese día.

A igrexa de Baio albergou a máis de catrocentas persoas que desfrutaron do festival, onde cancións sacras e laicas desbordaban as paredes do templo. As máis celebradas por todos foron as panxoliñas, non só por estarmos en decembro, senón polo espírito que nos facían sentir.

O festival foi sobrio, mais ameno, onde voces novas e vellas fixéronnos emocionar.

Unha vez o traballo feito, era hora de relaxarse e desfrutar dunha cea deliciosa, en boa compañía e amenizada ao final con cantigas populares, que fixeron as delicias de todos.

Pasámolo pipa. Calquera diría que xa pasada a media noite aínda quedaban forzas para seguir a festa no autobús. Pero así son as xentes que forman parte de esta agrupación: traballadoras e responsábeis, pero tamén alegres e dicharacheiras



P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería


Christopher John.