27 nov 2009

Grazas a todos.

En primeiro lugar agradecer tantop a Charo como a Teresa por parte do Arquivo do Reino de Galicia todas as facilidades que nos deron para poder visitalo en horario de última hora da tarde e por mostrarnos as "portas abertas".

Tamén agradecer aos tanxedoiros que acudiron e tamén aos coñecidos que viñeron en socorro para que non fóramos un grupo demasiado reducido.
Os que foron xulgarán cada quen si lles gustou ou non, pero polas opinións expresadas parece que mereceu a pena esta visita cultural.

De novo grazas por acudir, porque individualmente sería díficil manter estas convocatorias no futuro sin o respaldo e apoio mutuo que tanto se agradece.
Ver e poder tocar pergamiños do século XIII, procedementos xudicias da Real Audiencia ou simples notas como a manuscrita de Porlier pedindo roupa e botas para poder mover o seu exército inundaron e curiosidade e ledicia a visita.

Esperamos que nas vindeiras visitas que decidamos,co voso consello si pode ser, sexamos máis.
A historia é todo un universo rico e encantador que canto máis coñeces máis che gusta coñecer, pero canto menos coñeces máis abstemio te fas dela.

Simplemente, as máis emotivas grazas pola vosa participación e tamén grazas aos promotores deste blog por darlle publicidade ás actividades de Tanxedoira.

Migui

No hay comentarios:

Publicar un comentario