20 may 2010

Dores Tembrás

O 15 de Maio tivo lugar o acto de homenaxe de Tanxedoira á cultura galega en forma de charla no Centro Cívico de Monelos.
Foi algo delicioso escoitar a Dores falar dos escritores galegos e de como lle foron descubrindo mundos até entón descoñecidos na súa infancia. Até os máis pequenos como Antón mirábana e escoitábana tan atentos que era pura ledicia.
Xunto cos máis pequenos os adultos, que como dicía Rosa, só escoitando a Dores facendo un relato intimista da súa paixón pola literatura nos facía lembrar a nós as nosas primeiras expericecias como lectores de Castelao, Cunqueiro, Celso Emilio, e tantos outros mestres da literatura galega.

Infinito agradecemento a Dores por ensinarnos e falarmos con tanto agarimo. Tamén agradecemento á Concellería de Cultura do Concello por axudarnos na convocatoria deste acto e especialmente a María Xosé Bravo por acompañarnos.

E tamén grazas a todos os asistententes.



4 comentarios:

  1. Xenial, perfecto. Por certo, Dore Tembrás fai hoxe unha charla coloquio na calle Orzán nº 96 ás 20 horas, creo...

    David.

    ResponderEliminar
  2. De verdade que foi un acto realmente delicioso. A facilidade para as palabras oportunas no momento axeitado que te Dores fan que sexa un privilexio compartir a súa paixón, a nosa paixón pola literatura.
    Do seu bo facer da boa mostra no seu blog e páxina web. Ler cada unha das entradas, tan honestas e sinceiras fánme sentir e amar cada día máis a literatura.
    Grazas Dores por facernos íntimos coñecedores da túa fantasía e os mundos que nos descubriches en palabras tenras e animosas.

    ResponderEliminar
  3. Foi unha marabillosa tarde de lecturas e lembranzas acariñadas por unha voz moi doce coma é a de Dores, que gracias a ela algún de nós redescubrimos aos autores da nosa terra que sempre estiveron presentes nas nosas vidas desde moi cativos.

    Grazas mil, Dores.

    ResponderEliminar
  4. Son eu a que está agradecida por compartir aquela tarde con vos. Foi un pracer celebrar a palabra a través de tantos homenaxeados polo día das letras.
    Foi un pracer escoitar a música, as voces. Un encontro que agardo se repita pronto.Parabéns polo traballo magnífico que facedes en Tanxedoira.

    Apertas

    Dores

    ResponderEliminar