
O sábado día 5 deste mes terá lugar a inauguración do Novo parque de Oza, xusto por debaixo da igrexa de Santa María. O acto comenzará as 12:00 da mañá e desde aquí Convidámosvos a que o presenciedes en compañía da xente da asociación e veciños da zona. É todo un acontecemento e consideramos que Tanxedoira debe ser testemuña e participe do mesmo.
Así que xa queda o devandito; vémosnos todos alí mesmo este sábado día 5 de Xuño no Novo Parque de Oza.
Un saúdo a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario