29 jun 2010

Sardiñada


Aquí estamos de novo. Esta vez para anunciarvos que este Sábado día 3 de Xullo organizaremos na asociación unha sardiñada desas de sugarse os dedos. Reunirémosnos, pasarémolo ben e porémosnos ata as orellas de comer sardiñas e churrasco. O único que teredes que achegar esta vez sería a vosa presenza nas instalacións da asociación (o noso humilde local) a iso das 17:30 da tarde e 4 míseros euros por comensal, ademais da vosa simpatía e ganas de pasalo o mellor posible.

Pois iso, vémosnos alí comendo sardiñas.

1 comentario: