24 jun 2010

Teatro curso 2009 - 2010


Este sábado día 26 de xuño terá lugar no Centro Civico de Monelos a partir das 18:30 a representación de dúas pezas de teatro que son o resultado dos numerosos ensaios que levou a cabo o Grupo de Teatro Tanxedoira ao longo deste curso 2009 - 2010 no noso "recollido" local da asociación. Estas dúas obras que se representarán o devandito día son: "Robar y jugar" e o primeiro acto da obra (aínda en preparación de cara ao curso seguinte) de "Enriqueta si / Enriqueta no", dúas comedias coas que o pasaremos xenial e daremos broche final ao presente curso.

Estais todos convidados que hai que pasar unha estupenda tarde de teatro. Lembrade que non cobrámosvos nin un céntimo pola entrada así que podedes vir cantos queirades a pesar da ditosa crise.

1 comentario:

  1. Si lo hacen tan bien como siempre nos vamos a cansar de reir. Nos vemos el Sábado!. María.

    ResponderEliminar