
Dende o seo do grupo de teatro e da nosa entidade en xeral queremos rendir unha sincera homenaxe para un membro deste colectivo, para un amigo.
Desgraciadamente, o vinteún de xuño deixounos Ricardo Della Casa logo dunha longa enfermidade. Perico, papel que lle deu sona e polo que era coñecido e recoñecido, deixaba unha profunda marca alí por onde pasaba. Sempre cunha risa, cunha broma, cunha oportuna indicación escénica. Son moitos os momentos de tensión, nervios, traballo e ocio compartidos.
E unha boa maneira de recordalo é enriba dun escenario facendo teatro, algo co que el disfrutaba e facíanos disfrutar aos demais.
Non quixeramos acabar esta homenaxe sen darlle a noraboa a todos os compoñentes do grupo de teatro, pois, a pesar do que supuxo esta perda para todos eles, souberon sobreporse á fatalidade e tentar facernos rir, cando, quizais o sentimento natural non fose ese. E tamén a súa valía como colectivo humano, ao que Ricardo pertencia e pertence, porque, pensando nos que terían sido os desexos do seu compañeiro e amigo, decidiron levar unha representación poucos días despois do seu falecemento.
Moitas grazas polo voso apoio nestes momentos tan dificiles e delicados, sobre todo de parte da sua viuva Carmen Martínez, integrante tamén do grupo de teatro Tanxedoira. E como diría Chinchorro, outro dos papeis levado a cabo por Ricardo, e tamén o propio Ricardo, Iba a decir un refrán muy bonito.... y ya no me acuerdo.
Até sempre. "Verémonos de novo, aínda que sexa dentro de moitos anos."
Se le hecha de menos en muchas partes.
ResponderEliminarSaludos y nuestro pésame desde otro sitio en el que compartíamos con Ricardo/Richard/Gatlin(Camello), otra de sus aficiones: la fotografía. Estas son algunas de las dedicatorias:
http://www.focofijo.com/HASTA-SIEMPRE-&170440&3&indice.html
http://www.focofijo.com/Sue%C3%B1os%28Para-Glatin%29-&170446&3&indice.html
http://www.focofijo.com/Para-Gatlin...-&170463&3&indice.html
http://www.focofijo.com/Para-Gatlin...-&170463&3&indice.html
http://www.focofijo.com/Tambien-cozea%28para-Gatlin%29-&170465&3&indice.html
http://www.focofijo.com/A-Gatlin..espero-te-guste.-&170466&3&indice.html
http://www.focofijo.com/untitled-23-&170479&2&indice.html
http://www.focofijo.com/Asiento-reservado-%28para-Richard%29-&170483&2&indice.html
http://www.focofijo.com/y-el-vacio-alrededor...-&170510&1&indice.html
ResponderEliminarMucho animo a su familia y amigos, mi mas sincero pesame. Hasta siempre Richard, hasta pronto Richard...
ResponderEliminarUn gran hombre y un amigo
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarhttp://www.focofijo.com/Merecido-descanso-(Para-Gatlin)-&170710&1&indice.html
ResponderEliminar