1 jul 2010

Visita Cultural: Antigo Cárcere da Coruña


Esta vez iremos todos de cabeza ao cárcere.... pero afortunadamente só de visita (o que queira quedarse....).
Hai que aproveitar agora que vai estar uns poucos días aberto ao público pois seica a partir do día 11 de Xullo pecharase para non volverse abrir nunca máis como cárcere, para nun futuro ter unha funcionalidade diferente.

A Asociación programa entón esta interesantísima visita para o vindeiro día 9 de Xullo ás 19:00.

Vémosnos no cárcere. .... Non é ningunha ameaza...

1 comentario:

  1. A verdade é que todos nos quedamos bastante impresionados coa visita. Pensar e ver como eran as condicións carcerarias dende o antigo até o casi presente poñia os pelos de punta.

    Ainda que despois da visita buscamos e lles transmitimos persoalmente o noso agradecemento a quen tivo a amabilidade de compartir o guía coa xente de Tanxedoira é necesario facelo aquí de novo pois dóunos a oportunidade entender mellor as condicións de vida dos penados e tamén poidemos ver parte das instalacións que de non ser por esa aamabilidade mostrada con nós non poderíamos visitar. Agradecerlle á Concellaría de Cultura esa comunicación e por facilitarnos a visita compartindo o guía.
    As distintas dependencias, dende a dos mozos á das mulleres, a biblioteca, a sala dos cacheos, a exposición emotiva de Isabel Coixet e poder ter coñecemento case directo da problemática da convivencia dos penados e como meste edificio construido aproximadamente na meridianeidade do réxime militar de Primo de Rivera, ou como foi prisión para moitos reos fieis á República cando o advenimento do golpe de estado de 1936. Que alí estiveron presos homes e mulleres de profundas conviccións e renome como Benigno Andrade (Foucellas) antes de ser axusticiado ou moitos dos mestres e funcionarios fieis á mesma cando a depuración. TAmén máis tarde até finais do s.XX foi prisión provincial para reos de delictos comúns.
    En resume, que ainda agora, xa pasados uns días sigue poñendo os pelos de punta pensar o que sería vivir dentro desas xaulas duras e frías, pois non sei si vos fixástedes pero aínda que pegada ao mar non había ningún sistema de calefaccióm
    Só quedaría pedir que na medida do posible ese edificio sexa transferido para darlle outro uso máis edificante.
    Grazas a todos os amigos e membros de Tanxedoira que respondéstedes e disfrutástedes da visita.
    Esperando que poidamos facer no próximo curso 2010-2011 máis actividades ainda si cabe que neste curso que remata, agradecer tamén aos amigos que levan este blog pola publicación da noticia e por todo o traballo feito e a directiva polo apoio recibido.
    Apertas a todos e todas

    ResponderEliminar