O Domingo día 4 de xullo temos programada unha visita cultural ao Castro de Elviña. O castro de Elviña é un lugar moi especial, está situado nunha ladeira que baixa cara á cidade da Coruña, por iso desde o castro existen unhas boas vistas da Coruña...
Dicir ademais que está sobre a universidade da Coruña, para o que se queira situar facilmente...
Así que todos os que esteades interesados en velo que se asome este domingo ao local de Tanxedoira a iso das 10:30 da mañá para ir desde alí en grupo.
Vémosnos alí entón.
O Castro de Elviña como primeiro asentamento dunha comunidade dentro do actual termo municipal era un referente obrigado de visita. Agradecer a toda a xente que asistiu así como a directiva e socios pola difusión e asistentencia á visita. Tamén a Fany pola súa paciencia e elocuencia para que poideramos identicar e recoñecer as distintas fases do
ResponderEliminarasentamento. É un pouco difícil separar a etapa castrexa da etapa romana, nun Castro craramente romanizado e no que ainda queda moito por excavar. Pero a visita foi deliciosamente instructiva e todos, propios e foráneos podemos entender mellor como era a vida daqueles homes e mulleres de fai 2000anos. Espero que todos e todas o disfrutáredes tanto coma min.