16 sept 2010

Comezo do curso con Novidades




Xa estamos preparados para iniciar un novo curso e para ofrecervos algunhas novidades que esperamos sexan de voso agrado. Para empezar e como moitos de vós xa saberedes, estreamos Directiva na Asociación. Pero non é a única novidade; dentro do programa de actividades estreamos dous cursos interesantes. Un deles é: Iniciación á Informática para todas aquelas persoas que necesiten familiarizarse co uso do PC, e o outro curso é de Punto de Cruz, labor que espertará a creatividade de moitos.
Pero as novidades non acaban aí. Para que non perdades fío das actividades, reunións, visitas culturais, etc … na Web da Asociación estreamos un apartado chamado "Calendario", en que veredes analizado nel as datas dos acontecementos e actividades que se van programando ao longo do curso. Aquí tedes a ligazón para que lle botedes unha ollada.


O curso dará comezo o día 27 do presente mes, esperámosvos para pasar un curso 2010 - 2011 estupendo entre todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario