
Atención, nenos e nenas !! Tanxedoira pon en marcha un concurso de postais de nadal no que poderedes dar renda solta á imaxinación. As bases de dito concurso serán as seguintes:
-Poden participar todolos nenos e nenas de ate os 14 anos.
-Cada participante presentará un traballo feito en cartulina branca A4.
-A técnica a utilizar e libre (tempera, acuarela, lápices, ceras, purpurina, mocos...)
-Os traballos terán de prazo de presentación ate as 18:00 h. do día 16 de decembro, e serán depositados no nosos local xunto con un sobre que conterá os datos do neno participante ( NOME e IDADE).
O xurado dará a coñecer o ganador no festival de nadal da asociación que terá lugar o día 17 de decembro. En dito festival entregaranse diplomas acreditativos a todolos participantes e o ganador recibira un regalo sorpresa.
Ademas a postal ganadora servirá para felicitar o NADAL aos socios de Tanxedoira.
Dende aquí animamos a todolos nenos e nenas con alma de artistas (e os que debuxan só por gastar papel)a que participen.