
Este ano e con motivo da celebración do 50 aniversario da comisión promotora "Hogueras de San Juan" da Coruña e dentro do programa dos variados actos que terán lugar con motivo da devandita celebración, o grupo de teatro Tanxedoira ten o orgullo de presentar a súa última montaxe; unha obra do escritor e humorista Jorge Llopis: "Enriqueta si, Enriqueta no". Un enigma policiaquísimo en tres actos no cal e coa "pobre" escusa dun asasinato veremos de todo, desde un conserxe moi verde, un arquitecto, dous cotillas, un inspector de policía, outro inspector de policía, ademais de: un fakir, unha comadrona e un señor de Bilbao.
Imos gozar de todas as cousas que suceden ao longo do seu tres divertidísimos actos. Asasinato (un), Asasinos (varios), enganos, xente saíndo do armario, números circenses, chantaxes e señores de Bilbao.
A representación terá lugar o próximo 17 de maio no Fórum Metropolitano ás 18:00 h. e a entrada será gratuíta.
Esperámosvos a todos alí para descubrir que é o que sucedeu na habitación 301 do "Hotel de las Cuatro Naciones.
No hay comentarios:
Publicar un comentario