23 jun 2011

Asamblea Xeral Ordinaria: Así foi


A Asemblea Xeral e Ordinaria que se celebrou o pasado sábado día 18 de xuño no local social da Asociación Tanxedoira estivo marcado por un feito, que foi a proposta por parte da Xunta Directiva para aumentar a cuota de socio a unha cuantía anual de 25 euros. Dita proposta foi levada diante da asamblea de socios, órgano soberano da entidade, para que se sometese a votación. O resultado foi a aprobación da medida, polo que será efectivo a partires do inicio de curso 2011/2012.

Ademais, outros temas que se trataron foron o resumo de actividades realizadas durante o ano 2010 e o que levamos de 2011, así como o balance de contas que tamén abarca os mesmo períodos. Vendo estes dados, chegouse a conclusión de que tanto o aspecto económico como o organizativo de actividades, así como a implicación nelas dos socios, son positivos e cotízanse á alza.

De todos os xeitos, cabe chamar a antención dos socios para participar neste tipo de eventos, onde son eles mesmos os que deciden e os que poden propoñer e participar para facer melloras dentro da nosa comunidade, para que así o seu funcionamento sexa mellor e máis preciso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario