24 abr 2012

Festival 34º ANIVERSARIO TANXEDOIRA

Como sabedes ben chega ese momento do curso no que toca celebrar que a nosa Asociación faise un ano mais maior, e con este xa van 34. imos celebralo co acostumado Festival, con moita música, humor e mais. Nesta ocasión tamén invitamos á Asociación Cultural "O Castro" de Baión a unirse á festa, que coa sua música eles porán  o seu gran de area á celebración.

   O Festival levarase a cabo no Centro Civico "Os Mallos" o día 28 de abril a partir das 18:30.... Si, si dixen ben a hora, ás 18:30, esto é un axuste de última hora con respecto ó noso boletín.

  Así que alí vémonos todos. Recordade que despois do festival os invitamos a seguir o xolgorio no noso local onde tomaremos uns pinchos e sopraremos as veliñas da nosa tarta de aniversario..... Esto,... si, claro, logo paparemola.

1 comentario:

  1. Foi un festival estupendo e moi divertido. E despois tivemos unha festa moi agradable na que compartimos risas, bos momentos e un vasiño de champán para brindar polo 34 aniversario de Tanxedoira. Que cumpra moitos máis!!!

    ResponderEliminar