28 nov 2012

Concurso de Postai 2012



Atención, nenos e nenas !! Xa tedes aquí o concurso de postais Tanxedoira de nadal no que poderedes dar renda solta á imaxinación. As bases de dito concurso serán as seguintes:


-Poden participar todolos nenos e nenas de ate os 14 anos.

-Cada participante presentará un traballo feito en cartulina branca A4.

-A técnica a utilizar e libre (tempera, acuarela, lápices, ceras, purpurina, mocos...)

-Os traballos terán de prazo de presentación ate as 18:00 h. do día 14 de decembro, e serán depositados no nosos local xunto con un sobre que conterá os datos do neno participante ( NOME e IDADE).
O xurado dará a coñecer o ganador no festival de nadal da asociación que terá lugar o día 15 de decembro. En dito festival entregaranse diplomas acreditativos a todolos participantes e o ganador recibira un regalo sorpresa.
Ademas a postal ganadora servirá para felicitar o NADAL aos socios de Tanxedoira.

Dende aquí animamos a todolos nenos e nenas con alma de artistas (e os que debuxan só por gastar papel)a que participen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario