Paseniño Tanxedoira vaise sumando ás novas vías de comunicación, cada día máis utilizadas por moita xente. Por iso, e aproveitando a espetación que causou o Papa ao sumarse coma usuario de TWITTER, pensamos: "TANXEDOIRA non ha de ser menos", e aquí estamos. Así que, oficialmente, anunciamosvos que TANXEDOIRA xa está no TWITTER. Xa estades tardando en vos facer "followers".
13 dic 2012
Tanxedoira Twitter
4 dic 2012
Festival Tanxedoira: Nadal 2012
Xa temos preparado o esperado Festival de Nadal de Tanxedoira; no cal teremos de todo: panxoliñas, rondalla, e máis cousas para pasalo entre todos o mellor posible.
Ah!...esquecíaseme, faremos entrega do premio do concurso de postais convocado para nenos e nenas de ate 14 anos.
Bo, o devandito vémonos todos alí... como?... que onde?.... mira o cartel de arriba que non o miras. Aínda así, o festival terá lugar o sábado día 15 de decembro no Centro Cívico O Castrillón a partir das 17:30h. Isto ven a rectificar ó publicado no noso boletín respecto ao Centro Cívico no que se celebra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)