4 dic 2012

Festival Tanxedoira: Nadal 2012





Xa temos preparado o esperado Festival de Nadal de Tanxedoira; no cal teremos de todo: panxoliñas, rondalla, e máis cousas para pasalo entre todos o mellor posible.

Ah!...esquecíaseme, faremos entrega do premio do concurso de postais convocado para nenos e nenas de ate 14 anos.

Bo, o devandito vémonos todos alí... como?... que onde?.... mira o cartel de arriba que non o miras. Aínda así, o festival terá lugar o sábado día 15 de decembro no Centro Cívico O Castrillón a partir das 17:30h. Isto ven a rectificar ó publicado no noso boletín respecto ao Centro Cívico no que se celebra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario