24 ene 2013

Laconada 2013



Este ano nosa xa famosa laconada terá lugar o día 17 de febreiro no Hotel Barreiro en Ordes. 



Coma todolos anos imos ir a pasar un bo intre e engulir todo o lacón que podamos. O prezo da laconada será de 21€ adultos e 11€ os menores de 12 anos, neste prezo xa vai incluído o transporte; que se fará en bus e terá a súa saída desde o bar DIN-DON ás 13:30. Os que prefiran usar coche propio deben avisarnos de antemán. A lista para apuntarse a devandito evento estará exposta no noso local a partir do venres 25 de xaneiro. 



  • Todos aqueles que teñan disfrace este ano e queiran ir á Laconada disfrazados poden facelo e así aproveitamos e celebramos alí o Entroido.



Esperámosvos a todos para pasar unha tarde inesquecible.