Seguindo coa serie de eventos para a celebración do trixésimo quinto aniversario de Tanxedoira, comprácenos anunciarvos que o próximo día 27 de abril terá lugar no Centro Cívico Os Mallos un Certame de Rondallas.
As rondallas amigas que se nos unirán a esta celebración son:
- Rondalla Semente nova de Perillo
- Rondalla da Casa de Aragón dá Coruña
- Rondalla da Asociación Cultural Tanxedoira da Coruña
Sinalamos que ademais do devandito aniversario da Asociación Cultural Tanxedoira, con este encontro tamén queremos celebrar o 30 aniversario da súa Rondalla.
Esperámosvos a todos o vindeiro sábado ás 17:00 horas no Centro Cívico Os Mallos.