2 abr 2013

Certame de Corais 35º Aniversario TANXEDOIRA




Este ano a Asociación Cultural Tanxedoira chega ao seu trixésimo quinto aniversario desde a súa fundación; e con motivo diso pomos en marcha unha serie de eventos e actividades a modo de celebración.


O primeiro deles é un Certame de Corais que terá lugar o próximo 13 de abril ás 20:00 horas na igrexa de Santa María de Oza.



É ademais un momento propicio para voltar a visitar este espazo onde a Asociación ten as súas orixes, posto que este ano a parroquia celebra tamén o seu 150º aniversario.

As corais amigas que nos acompañarán no devandito certame son:

• Coro de la Esc. Municipal de Música de A Coruña
• Coral Polifónica Coruñesa Canticorum
• Coro Infantil y Juvenil Cantabile
• Coro de la Asociación Cultural Tanxedoira
Esperámosvos a todos. 

1 comentario: