29 may 2013

Comida de Confraternización y Grupos Artísticos




Saludos, sonrisas y caras alegres.

Así comenzaba la comida que organizó “Tanxedoira” el pasado día 26-05-2013 en la Parrillada Fontenova.

Ya a la mesa y acompañados  de un buen menú, entablaban conversación los 80 comensales, que entre debates y chistes circulaban los platos y las copas de vino.

Una vez terminado el postre y ya con el café servido, comenzó una “tómbola”, en la cual una niña rubia gritaba los números de los boletos subida a una mesa con micrófono en mano, y donde por supuesto no faltó quien alzó su voz para entonar... “Tooongoo”, al comprobar que no era su número.

Acabada la “rifa” surgieron las guitarras y con ellas los hermanos “Loureiro” acompañados por “Jesús” y “Javier”, que rápidamente comenzaron a tocar y cantar temas populares entre ellos gallegadas, habaneras y alguna que otra ranchera.

Todo el mundo acompañó con su voz, con palmadas, algún baile y algún que otro “trenecito” al compás del “Chacachá”.

Gracias a la participación de los asistentes, más que una comida de socios de una asociación, logró ser un banquete familiar.

¡¡Hurra Tanxedoira!!

Antonio Lago.








10 may 2013

Teatro Tanxedoira: Pinceladas de Humor




Este ano e con motivo da celebración do 35 aniversario da Asociación Cultural Tanxedoira e dentro do programa dos variados actos que terán lugar con motivo desta celebración, o grupo de teatro Tanxedoira ten o orgullo de presentar a súa montaxe de varias pasaxes das obras representadas por eles durante os 10 anos percorridos dende a creación do devandito grupo

Entre esas obras contanse: "La Dolorosa", "La Tabernera del Puerto", "Enriqueta Sí, Enriqueta No", "La Ciudad No es Para Mí" e un adelanto da próxima montaxe teatral que preparan de cara o curso que ven "Los Ladrones Somos Gente Honrada".


A representación terá lugar o próximo 17 de maio no Fórum Metropolitano ás 19:00 h. e a entrada será gratuíta.

Esperámosvos a todos alí.

Comida de Confraternización e Grupos Artísticos



O vindeiro domingo día 26 de maio ás 14h. celebraremos este marabilloso 35 aniversario mediante unha comida de confraternización. O prezo por persoa será de 15€ adultos e 11€ para nenos de até 10 anos. Queremos aproveitar para ter unha atención cos membros grupos artísticos da asociación, cuxa labor e esforzo dános a coñecer con prestigio, tanto dentro como fóra de Galicia. Por iso, faráselles un desconto de 5€ a todos aqueles socios que acudan á comida e pertenzan a algún restes grupos (teatro, coro ou rondalla).

6 may 2013

«Pódense facer moitas cousas boas sen que custen diñeiro» Entrevista a David Loureiro, Presidente da Asociación Cultural Tanxedoira




06 de mayo de 2013 

Pódese dicir que naceu dentro de Tanxedoira e, con 29 anos, David Loureiro ocupa a presidencia desta asociación cultural con base no Barrio das Flores que está celebrando o 35.º aniversario da súa creación. O seu é a paixón pola música e demostrar que se poden facer moitas cousas sen necesidade de que exista un interés económico detrás.
-¿Como naceu Tanxedoira?
-Xurdiu na parroquia de Santa María de Oza en 1978. Eu aínda non estaba, claro. E foi como proposta dos parroquianos en torno ao cura Juan Vila e Antonio Noche, para que os cativos non andaran polas rúas. Nun primeiro momento, e baixo o nome de Asociación Cultural Juvenil Santa María de Oza, se programaron actividades de tipo musical e, ao estar relacionado coa igrexa, os nenos cantaban nas eucaristías.
-¿Cantos socios teñen?
-Actualmente pasan por aquí unhas 80 persoas. Pero é que temos unha peculiaridade. Faise un socio e todos os que viven con el pasan a ser socios tamén automaticamente. A diferenza é que o titular ten voz e voto nas asembleas, mentres que o beneficiario ten só voz. A cota é de 25 euros por curso, e as actividades son de balde.
-¿E con iso conseguen manterse?
-Aquí ninguén cobra nada. Isto é totalmente altruísta. E iso creo que é o que nos diferenza doutras asociacións. Haberá moitos grupos que fagan o mesmo que nós e incluso mellor. Pero gratis, non creo que sexan tantos. Isto conséguese coa boa vontade da xente. E iso creo que é unha boa mensaxe para os tempos que corren. Pódense facer cousas boas sen que custen diñeiro, compartindo o que cada un sabe facer.
-¿Vostede dende cando é socio?
-Cando nacín meus pais xa eran socios, así que levo toda a vida sendo socio. Se estou agora de presidente é porque creo que é unha maneira de devolverlle algo de todo o que aprendín aquí, botando unha man no que poida.
-¿E cando decidiu pasar a formar parte da directiva?
-Formei parte de todo e fixen, e sigo facendo, de todo. Cando era moi cativo, con 3 anos ou así, tivemos que saír da parroquia, pero unha veciña cedeu entón un baixo, o seu garaxe, para que a rondalla puidera ensaiar. E eu xa tocaba a pandeireta entón. Pouco despois fomos á Urbanización Soto, a un local que cedeu o Concello. E alí aprendín a tocar a frauta. Tiñamos tamén un coro de voces brancas, Aloumiño, que levou varios premios de panxoliñas. E con 7 anos xa tocaba a frauta na rondalla. Comecei entón a aprender guitarra e terminei sendo monitor de guitarra. E con 19 anos xa era membro da directiva. Isto é como a miña familia. Aquí atopei moitas nais.
-Será dos máis veteranos.
-Hai moita xente que leva dende o inicio. Meu irmán, Xulio Loureiro, por exemplo, que é o director da rondalla, leva os 35 anos que ten a asociación. É un sacrificio, pero ten moito a cambio se te apaixona a música. E ademais fas moitos amigos e coñeces xente. Meu irmán, coñeceu aquí á que actualmente é a súa muller. E casos como ese hai moitísimos.
-¿Está asegurado o relevo xeracional?
-Creo e agardo que si. Isto é un sentimento, eu lévoo no sangue. Vir aquí é unha paixón.
DAVID LOUREIRO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN CULTURAL TANXEDOIRA

5 may 2013

Certamen de Teatro Candilejas Don Bosco



Con motivo del XVI certamen de teatro aficionado Candilejas Don Bosco, el grupo de Teatro Tanxedoira participará en dicho evento el próximo día 9 de mayo a las 20:00h. con la obra "La ciudad no es para mi" que se representará en el Salón de Actos del Centro Calvo Sotelo.
  Os esperamos a todos para pasar un buen rato con una comedia divertidisima y traeros a toda la gente que queráis, cuantos más mejor ya que la entrada es totalmente gratuita.