19 nov 2013

Bases Concurso Postais 2013


Unha vez máis, e como ven sendo habitual nos últimos anos, estamos a organizar o concurso de postais navideñas de Tanxedoira.

As bases do concurso son as seguintes:
  • Establécense dúas categorías:
    • Xoves, até 14 anos 
    • Adultos, maiores de 14. 
  • As postais poderán se entregadas en calquera formato, aínda que é preferível o formato DIN A5. Tampouco existe ningunha restricción canto á cor. 
  • Poderase facer entrega do sobre participante no local social da entidade ou a través de correo postal: Asociación Cultural Tanxedoira, C/ Azahar Bloque 48 nº 127, 15008, A Coruña. Ademais tamén se poderá facer entrega das postais participantes a través de Internet, entregando os mesmos datos na dirección: actanxedoira@gmail.com 
  • A entrega das postais participantes que se fagan por correo ordinario realizarase nun sobre pechado, en cuxo exterior indicarase o nome ou pseudónimo do autor. Dentro do sobre figurarán tamén os datos personais do autor (nome completo, dirección postal, teléfono, correo electrónico e data de nacemento. Ademais, tamén deberá aparecer o título que o autor lle outorga á súa obra. No caso de facer o envío por correo electrónico, todos estes datos deberán aparecer nun arquivo adxunto en formato .DOC 
  • O prazo de entrega das postais será establecido pola Xunta Directiva e a vocalía de Cultura da Asociación Tanxedoira. O día sinalado é o 13 de decembro de 2013. 
  • O xurado estará integrado por tres persoas, onde un deles, ao menos, terá experiencia no campo do debuxo, a pintura e/ou a fotografía. Elexirán ao mellor por maioría, aínda que ten a posibilidade de declarar o premio deserto. 
  • O 16 de decembro de 2013 comunicaráselle ao gañador a decisión do xurado. Ademais, farase oficial no Festival de Nadal, que Tanxedoira organiza o 21 de decembro de 2013 no Centro Cívico do Castrillón. 
  • A Directiva resérvase o dereito de empregar as postais participantes no concurso. De feito, a gañadora poderá ser empregada como representante de Tanxedoira ante outras entidades e os seus asociados, se así o consideran oportuno, tanto eles como o xurado.

Desde a Directiva da asociación, convidámosvos a todos a participar

No hay comentarios:

Publicar un comentario