31 dic 2014

Chocolatada 2015


Que mellor maneira de despedir o ano que cun chocolate con churros?

Esta é a forma en que os Tanxedoir@s despiden un ano cheo de actuacións, festivais e unha morea de bos momentos para a lembranza.

A iniciativa de facer a chocolatada xurdiu como pretexto para reunírmonos e celebrar xunt estas datas tan especiais. A xente respondeu de xeito moi positivo apuntándose de contado ao evento. O día 28 de decembro xuntámonos no local para que, tanto pequenos como maiores, lamberan os dedos co chocolate con churros mentres botaban unhas risadas. Había material a fartar, así que despois de servir a todos os asistentes aínda houbo quen puido repetir, que para iso estamos en Nadal.

Unha vez cheos coma pepes, os máis pequenos, e algún maior, divertíronse xogando ao tenis de mesa, mentres o resto de asistentes entretíñanse recordando vellos momentos ou mesmo impartindo unhas clases improvisadas de ganchillo e mus aos novos. 

Así, entre doces e amigos, remata o ano en Tanxedoira. Agardamos que o 2015 sexa aínda mellor. 

Feliz Ano, Tanxedoir@s!

Carmen Paz


24 dic 2014

Bo Nadal

A Asociación Cultural Tanxedoira deséxalles un Bo Nadal

Postal gañadora do Concurso Infaltil de Postais de Nadal Tanxedoira 2014.
Autora: Sofía Amor Manteiga

22 dic 2014

Actuacións de Nadal

Esta fin de semana estivo cargada de eventos e celebracións. Para comezar, o sábado ás 17h tivo lugar o Festival de Nadal Tanxedoira no Centro Cívico de Eirís. Por primeira vez en moito tempo tivemos que colgar o carte de “Aforo Completo”. Mais, por sorte, apretándonos unha miga conseguimos facer sitio para todo o mundo. Daba gusto ver o local tan cheo.

Este ano tivemos unhas presentadoras de luxo, que nos ensinaron a cociñar unha riquísima receita de Nadal. E, como cada ano, contamos coas actuacións do Coro e da Rondalla. Ademais, os alumnos de guitarra (que por pouco non caben dentro de escea todos xuntos de tantos que eran) deleitáronnos con dúas panxoliñas: Pelo roxiño, peza popular galega; e En Navidad, tema que popularizou a cantante canaria Rosana. A verdade é que deberon gustar, porque a xente quedou con gañas de máis. Tamén tivemos a sorte de asistir a un monólogo creado e posto en escea por Rosario Barros, integrante do Grupo de Teatro. Para finalizar o festival, tamén se sortearon as cestas para adultos e nenos, ademais de entregar os premios do concurso de postais de Nadal, que neste ano recaeron en Sofía Amor Manteiga e Gala Robles Vázquez, nas categorías infantil e adulto, respectivamente.

Pola contra, este non foi o único evento da tarde, xa que ao rematar en Eirís os membros da Rondalla e o Coro tiñan unha cita ineludible cos asistentes do XII Festival de Panxoliñas de Arteixo. Esta actuación non sería posible sen a axuda do noso amigo Gonzalo García, Presidente da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Arteixo e expresidente da nosa Tanxedoira. A el agradecémoslle profundamente a súa invitación e por ter contado con nós para compartir un evento tan especial. Na escea do Centro Cívico, as agrupacións musicais de Tanxedoira compartiron tablas co Grupo Municipal de Maiores de Canto A Baiuca, que quixeron deleitar ao público asistente con panxoliñas populares.

As actuacións foron todo un éxito, mais como colofón final houbo unha actuación conxunta e sorpresa dos coralistas da Baiuca e Tanxedoira, que entre ambas as dúas agrupacións agasalláronnos cunha improvisada interpretación da coñecida panxoliña Adeste Fideles.

Despois do festival, a agrupación arteixá ofreceunos uns petiscos para repor forzas e, como ven sendo frecuente entre os Tanxedoir@s, non podiamos deixar pasar a oportunidade de amenizar a inxesta de alimentos cunhas cantas cancións, como se non fora suficiente xa.

E por se os eventos do sábado non foran suficientes, o domingo ás 18h o coro Tanxedoira cumpría coa súa visita ao Centro de Maiores Sanitas da Coruña. O coro interpretou as súas mellores panxoliñas e algunhas sorpresas para entreter aos máis maiores nesta tarde previa e próxima ao Nadal. Despois de grandes pezas como Verbum caro factum est ou San Jose al Niño Jesús, David Loureiro, director do Coro Tanxedoira, facíase cunha guitarra e invitaba aos residentes a cantar coa nosa agrupación unhas cantas panxoliñas populares, para sorpresa dos asistentes. A idea tivo tan boa acollida, que ao final o público tomou as rendas da actuación, cantando, batendo palmas e pedindo bises. Tanto foi así, que a tarde derivou en todo tipo de cancións do agrado do público, lonxe xa do ámbito do Nadal, aínda que ese espírito estivo presente en todo momento. Sinceramente, este foi o mellor broche que podiamos imaxinar para esta fin de semana de música e ledicias.

Grazas a tod@s os que participastes e desfrutastes destes eventos. Isto débese a vós e para vós se fai.

Felices Festas, Tanxedoir@s!


18 dic 2014

Festival Nadal 2014

Lembrade que o próximo sábado 20 de decembro, ás 17:00h, se celebrará o Festival de Nadal Tanxedoira no C. C de Eirís.

Teremos actuacións musicais, pezas teatrais, sorteos, entregas de premios e unhas presentadoras de excepción para conducir esta tarde de sorpresas.

Esperámosvos! Estades tod@s convidad@s ao Nadal Tanxedoira!!



16 dic 2014

Gañadores Concurso Postais Tanxedoira

Ola!!

Xa temos  os gañadores do Concurso de Postais Tanxedoira. 
Son os seguintes:

- Categoría Infantil:

Gañadora: Sofía Amor Manteiga

Premiados accésit:

> Nuria Conde García
> Noelia Velázquez García

- Categoría adultos:

Gañadora: Gala Robles Vázquez

Noraboa ás gañadoras e moitas grazas a tod@s por participar!

Os premios entregaránse aos gañadores no Festival de Nadal do próximo sábado 20 de decembro que terá lugar ás 17:00 no C.C de Eirís.

A continuación, mostrámosvos as postais que participaron



Categoría Infantil: Carlota Blanco López


Categoría Infantil: Gañadora - Sofía Amor Manteiga


Categoría Infantil: Premio accésit - Noelia Velázquez García


Categoría Infantil: Hugo Calvo Robles


Categoría Infantil: Pablo Vizoso Patiño


Categoría Adulto: Gañadora - Gala Robles Vázquez


Categoría Infantil: Sara Conde García


Categoría Infantil: Premio accésit - Nuria Conde García


Categoría Infantil: Carmen López


Categoría Adulto: Igor Vizoso Domínguez


Categoría Infantil: Lorena Rodríguez Lamas










Apertas Tanxedoiros!

12 nov 2014

Concurso Postais Navideñas 2014



Boas noites rapazada!

Ide poñendo ao día a vosa técnica porque xa está en marcha unha nova edición do concurso de Postais Navideñas Tanxedoira. 

Recordade! tedes ata o próximo 13 de decembro para presentar as vosas obras. Sorte!

Se queredes participar, podedes descargar a plantilla dende aquí e facer o voso debuxo xa nel. Non digades que non vos damos facilidades,eh?
Velaquí tedes as bases do concurso para que lles botedes un ollo:
• Establécense dúas categorías:
- Xoves, até 14 anos
- Adultos, maiores de 14.

• As postais poderán se entregadas en calquera formato, aínda que é preferível o formato DIN A5. Tampouco existe ningunha restricción canto á cor.

• Poderase facer entrega do sobre participante no local social da entidade ou a través de correo postal: Asociación Cultural Tanxedoira, C/ Azahar Bloque 6-8, 15008, A Coruña. Ademais tamén se poderá facer entrega das postais participantes a través de Internet, entregando os mesmos datos na dirección: actanxedoira@gmail.com

• A entrega das postais participantes que se fagan por correo ordinario realizarase nun sobre pechado, en cuxo exterior indicarase o nome ou pseudónimo do autor. Dentro do sobre figurarán tamén os datos personais do autor (nome completo, dirección postal, teléfono, correo electrónico e data de nacemento. Ademais, tamén deberá aparecer o título que o autor lle outorga á súa obra. No caso de facer o envío por correo electrónico, todos estes datos deberán aparecer nun arquivo adxunto en formato .DOC

• O prazo de entrega das postais será establecido pola Xunta Directiva e a vocalía de Cultura da Asociación Tanxedoira. O día sinalado é o 13 de decembro de 2014.

• O xurado estará integrado por tres persoas, onde un deles, ao menos, terá experiencia no campo do debuxo, a pintura e/ou a fotografía. Elexirán ao mellor por maioría, aínda que ten a posibilidade de declarar o premio deserto.

• O 16 de decembro de 2014 comunicaráselle ao gañador a decisión do xurado. Ademais, farase oficial no Festival de Nadal, que Tanxedoira organiza o 20 de decembro de 2014 no Centro Cívico de Eiris.

• A Directiva resérvase o dereito de empregar as postais participantes no concurso. De feito, a gañadora poderá ser empregada como representante de Tanxedoira ante outras entidades e os seus asociados, se así o consideran oportuno, tanto eles como o xurado.








18 oct 2014

Samaín 2014

Moi boas e tenebrosas tardes Tanxedoir@s!

O Samaín xa está á volta da esquina, por iso convidamos aos nosos PequeTanxedoir@s, papás, mamás e amigos a celebrar connosco o día dos Mortos Vivintes, Bruxas, Curuxas e demáis seres terroríficos. 

Está previsto que o próximo 2 de novembro, ás 17:30h, teñamos una Merenda de Susto no local. Igual que o ano pasado, a Asociación farase cargo das bebidas e as chuches, pero estaría xenial ter algunha aportación pola vosa parte con algún petisco monstruoso.

Proxectaremos una peli para os mais pequenos, haberá xogos, conxuros e historias de lanterna para tod@s.

Haberá unha listaxe de inscripción no Taboleiro de Avisos do local.

Esperamos que vos unades a este aquelarre disfrazados e con ganas de pasar unha tarde terrorífica. 

Saúdos!


11 oct 2014

Comida Inicio Curso 2014/2015

Ola Tanxedoir@s!

Comeza un novo curso en Tanxedoira; con el chegan as actividades, actuacións, novos socios... e como non, as nosas reunións gastronómicas! O próximo 25 de outubro as 14:00 sería unha boa data para reunirnos, e que mellor escusa que unha boa comida entre amigos. Este ano pensaramos que sería bo facer a comida no local, a nosa casa, como "medida anticrise" para que todos poidamos participar. Estaría xenial que cada un de nós achegase algo para crear o noso menú e así, de paso, presumir dos nosos dotes culinarios. 

Haberá unha folla de inscrición dispoñible no Taboleiro de Avisos do local para todo aquel que queira poda anotarse e indicar o que vai traer (bebida, postre, doce, salado... o que queirades). 

Animámosvos a que vos apuntedes, a diversión e unha boa mesa entre amigos están garantidas 

Un saúdo

14 sept 2014

Miembros de la nueva junta directiva

Hola a tod@s:

El pasado día 12 de Septiembre en la Asamblea General Extraordinaria que tuvo lugar en el local, se aprobó por los socios allí presentes la nueva composición de la directiva.
Por tanto, con el motivo de la instauración del nuevo equipo directivo os enviamos los datos de contacto de sus miembros y aprovechamos para recordaros el resto direcciones y vías de comunicación abiertas en Tanxedoira para mantener a todos sus socios informados y comunicados. 
Si tenéis alguna duda o pregunta no dudéis en contactar con nosotros.

- Presidencia: Gala Robles
- Vicepresidencia: Noemí Iglesias
- Tesorería: Cristino Conde
- Secretaría: Marisa Becerra

Canales Tanxedoira: 
También podéis encontrarnos en Redes Sociales como Facebook y Twitter

Dirección: 
C/ Azahar 6-8 bajo, bloque 48 CP 15008 A Coruña

Teléfono: 981139160

1 sept 2014

Listado actividades 2014/2015

El listado de actividades de este año es el siguiente:

Tenéis más información en el boletín que podéis consultar desde:
- Blog: https://drive.google.com/file/d/0B5qUG7Qr-g77ZE9fNk5RdTV4U1U/edit?usp=sharing
- Facebook: http://www.tanxedoira.org/Tanxedoira/boletines/2014/Septiembre2014.pdf

27 ago 2014

Inicio Curso 2014/2015

Llega Septiembre y como todos los años, empezamos un nuevo curso en Tanxedoira. Este año las fechas para inscribirse son las siguientes:
  • Lunes 15 de Septiembre desde las 18:30 hasta las 20:30: recogida de documentación de alta de nuevos socios.
  • Martes 16 de Septiembre y Miércoles 17 de Septiembre desde las 18:30 hasta las 20:30: inscripción en las actividades por orden de llegada.
  • Viernes 19 de Septiembre a partir de las 18:30 publicación del listado de admitidos en la ventana exterior del local (y a partir de la noche en la web desde el menú principal).
  • Lunes 22 de Septiembre comienzo de las actividades.

Os recordamos que ciertas actividades tienen número limitado de plazas y que éstas se cubren atendiendo a los criterios de inscripción existentes en las normas de las actividades.

Por otra parte, en la web tenéis la documentación necesaria para el alta de nuevos socios así como el formulario de inscripción en la actividad por si queréis descargarlo y así no tener que pasaros por el local. El enlace para la descarga de dichos formularios lo encontraréis aquí: 

Además, os recordamos que hay unas normas internas en las actividades que podéis consultar aquí: http://www.tanxedoira.org/Tanxedoira/documentos/normas_actividades.pdf

En breve, os informaremos de la lista de actividades ofertadas este curso además del horario de las mismas.

25 ago 2014

Asamblea General Extraordinaria

La directiva de Tanxedoira informa que el próximo 12 de Septiembre a las 20:30 en primera convocatoria y 21:00 en segunda convocatoria tendrá lugar una asamblea extraordinaria con el siguiente orden del día:
- Lectura del acta anterior
- Elección de nueva junta directiva
- Ruegos y Preguntas

Agradecemos a todos los socios la presencia a dicha asamblea.

22 ago 2014

Exposición de Susana Lebón

Hola Tanxedoir@s

Os informamos de que la ganadora del primer certamen de fotografía Fernando Pombo está exponiendo en la Bata de Guata así que si tenéis ocasión, acercaros a verla. Muy recomendable

La dirección del local es. General Mosquera Palleiro, 2 - 15142 Arteixo (A CORUÑA)

Aquí podéis ver el artículo donde dan más información acerca del evento:


29 jun 2014

Fotos de la sardiñada (29 Junio 204)

Hola!!

Aquí tenéis algunas fotitos sacadas durante la sardiñada que hicimos el 29 de Junio delante del local.
Qué ricas que estaban!! Y tuvimos suerte y el tiempo nos acompañó y no hizo faltar montar el toldo.
























Fotos resumen festival fin de curso 2013/2014

Hola Tanxedoir@s!

Aquí os ponemos algunas fotos del festival de fin de curso que tuvo lugar el día 21 de Junio en el Centro Cívico de Monelos