Un grupo de Tanxedoira fomos o pasado 23 de febreiro de visita ao
Muncyt, que, para todos aqueles que non o saiban, é o Museo Nacional de
Ciencia e Tecnoloxía que temos na nosa cidade. A visita foi moi
entretida e puiremos aprender a montar e desmontar
artiluxios varios como tostadores, teléfonos, reprodutores de DVDs,
mesmo había algún “artefacto” que algún dos presentes non vira na súa
vida!
Fomos visitando todas as partes do museo e empapándonos de dados,
mais, sen dúbida,a parte que máis nos chamou a todos a atención foi “a
cabeza” do Boing 747 que alberga o centro. Só con ver o tamaño das rodas
podíase un facer a idea do volume do resto
do avión. Que impresión!
Acabamos a visita na sala onde se mostra información de todos os
aparellos do século XXI e tivemos o pracer de asistir a un pequeno
monográfico sobre máquinas de escribir, onde puidemos aprender algúns
dados moi curiosos.
Sen dúbida, unha visita moi interesante e altamente recomendable.