Boas noites rapazada!
Ide poñendo ao día a vosa técnica porque xa está en marcha unha nova edición do concurso de Postais Navideñas Tanxedoira.
Recordade! tedes ata o próximo 13 de decembro para presentar as vosas obras. Sorte!
Se queredes participar, podedes descargar a plantilla dende aquí e facer o voso debuxo xa nel. Non digades que non vos damos facilidades,eh?

Velaquí tedes as bases do concurso para que lles botedes un ollo:
• Establécense dúas categorías:
- Xoves, até 14 anos
- Adultos, maiores de 14.
• As postais poderán se entregadas en calquera formato, aínda que é preferível o formato DIN A5. Tampouco existe ningunha restricción canto á cor.
• Poderase facer entrega do sobre participante no local social da entidade ou a través de correo postal: Asociación Cultural Tanxedoira, C/ Azahar Bloque 6-8, 15008, A Coruña. Ademais tamén se poderá facer entrega das postais participantes a través de Internet, entregando os mesmos datos na dirección: actanxedoira@gmail.com
• A entrega das postais participantes que se fagan por correo ordinario realizarase nun sobre pechado, en cuxo exterior indicarase o nome ou pseudónimo do autor. Dentro do sobre figurarán tamén os datos personais do autor (nome completo, dirección postal, teléfono, correo electrónico e data de nacemento. Ademais, tamén deberá aparecer o título que o autor lle outorga á súa obra. No caso de facer o envío por correo electrónico, todos estes datos deberán aparecer nun arquivo adxunto en formato .DOC
• O prazo de entrega das postais será establecido pola Xunta Directiva e a vocalía de Cultura da Asociación Tanxedoira. O día sinalado é o 13 de decembro de 2014.
• O xurado estará integrado por tres persoas, onde un deles, ao menos, terá experiencia no campo do debuxo, a pintura e/ou a fotografía. Elexirán ao mellor por maioría, aínda que ten a posibilidade de declarar o premio deserto.
• O 16 de decembro de 2014 comunicaráselle ao gañador a decisión do xurado. Ademais, farase oficial no Festival de Nadal, que Tanxedoira organiza o 20 de decembro de 2014 no Centro Cívico de Eiris.
• A Directiva resérvase o dereito de empregar as postais participantes no concurso. De feito, a gañadora poderá ser empregada como representante de Tanxedoira ante outras entidades e os seus asociados, se así o consideran oportuno, tanto eles como o xurado.