21 feb 2017

Actuacións teatrais

O día sete de febrero, o Grupo de Teatro Tanxedoira fomos actuar á Residencia SAR QUAVITAE en Matogrande.

Teríamos de ter comezado ás 17:30, mais tardaron un bocado en baixar os residentes ao salón de actos. E cando xa estiveron todos e todas nos seu sitio e nos anunciou a cordinadora do centro, comezamos coa representación.

Nesta ocasión foi un fragmento da obra de teatro La ciudad no es para mí, levada a cabo á grande pantalla no seu momento por Paco Martínez Soria.

Tanto os residentes como os seus familiares e o resto do persoal que presenciou a obra desfrutaron moito, xa que os membros do grupo de teatro fixémoslles pasar unha tarde chea de alegría e emocións.

Ao final da representación, o grupo de teatro quedou emplazado para volver noutra ocasión, xa que as críticas e a acollida foron moi boas.





O día nove de febreiro, o Grupo de Teatro Tanxedoira volveu actuar, e esta vez fíxooo na residencia El Remanso, de Los Rosales, e representou dous fragmentos de dúas zarzuelas: La tabernera del puerto e La dolorosa.

A representación comezou ás 18 h., despois de que Mendy, o organizador dos eventos, fixera a presentación, dando unha fabulosa acollida ao grupo de teatro e falando da nosa asociación.

Desta volta, tanto os residentes como os familiares e demais persoal que se atopaba no salón desfrutou moito coa actuación dos actores, xa que nas súas caras se reflictía a ledicia, que, finalmente, é o que máis importa.

Tanto a directora como os coordinadores ficaron moi agradecidos e convidaron o grupo de teatro para outra nova actuación.


María Jesús Sánchez

No hay comentarios:

Publicar un comentario