13 nov 2017

Celebración do Samaín

Un ano máis chegou o Samaín, unha festividade popular e con arraigamento, que ten as súas orixes no mundo celta, e Tanxedoira non estaba disposta a deixar pasar a opotunidade de convocar os seus asociados e asociadas co fin de se reunir no local social e realizar una festa ao seu estilo. E así foi!

Alí apareceu un bo número de persoas prestoas a organizar tanto o local como o material preciso, para despois botarlle o dente ás pizzas que más adiante se pediron. E a iso sumóuselle unha boa fonte de cocretas xentileza de Chus. E todo, por suposto, acompañado duns bos momentos de tertulia. O resultado foi una tarde-noite do máis agradábel, o que fará esperar con impaciencia a próxima celebración
 
Tanxedoira

11 nov 2017

O noso teatro nos xeriátricos


O grupo de teatro Tanxedoira tivo diversas actuacións coas pinceladas de “La taberna del puerto” e “La dolorosa” en centros xeriátricos da cidade, entre os que figura a residencia La Obra de la Señora, en Labañou, ao que acudimos o día 17 de outubro.

O 28 do mesmo mes, fomos a residencia Oropea, na Zapateira. E, finalmente, o 4 de novembro estivemos na residencia Sar Quavitae, en Matogrande.

En todos estes centros fomos recibidos con grande satisfacción, os residentes divertíronse co noso teatro e obsequiáronnos con moitísimos e agarimosos aplausos. Despois das actuacións, a dirección de cada centro tamén nos agasallou, a modo de agradecemento, cuns petiscos. Nós, pola nosa parte, comprometémonos a volver. 



P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

Carmen Cabrero.