25 dic 2017

Festival de Corais en Atios (Porriño)

Seguindo o espírito de colaboración da nosa Asociación Tanxedoira, o coro participou no Festival de Corais que se celebrou en Atios o pasado 19 de novembro. Non podiamos deixar escapar esa invitación e aló marchamos no bus até o Auditorio da Casa Cultural de Atios, no Porriño. A verdade é que a acollida foi moi agarimosa e os membros da Asociación de Atios estiveron pendentes de nós en todo momento.

No festival participaron a Coral Ponte das Febres de Ribadelouro, a Coral Polifónica de Atios e a noso coro Tanxedoira e transcurriu nun ambiente moi divertido, amigábel e, nalgúns momentos, cheo de emoción. Unha mostra foron as dedicatorias e numerosas mostras de cariño que recibiu o pai do noso compañeiro Xosé Luis Reza. E aínda que estabamos a finais do mes de novembro, xa se podían respirar o ambiente do Nadal.

Ao rematar o concerto puidemos compartir uns petiscos co resto de corais organizados polos anfitriões. E cando chegou o momento de marcharmos, fixémolo coa promesa dunha nova colaboración entre nós. Até outra! 
 
 
 P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
 
María García

No hay comentarios:

Publicar un comentario