30 dic 2017

Festival de Nadal



Como cada ano, no mes de decembro, os membros de Tanxedoira xuntámonos para celebrar o noso tradicional Festival de Nadal, que se levou a cabo o pasado día 23 no Centro Cívico Novo Mesoiro, en que, coma sempre, non faltou a música, as panxoliñas e os agasallos para grandes e pequenos. Este ano, a parte das nosas tradicionais cestas, engadíronse dous agasallos máis, cedidos por dúas empresas locais: Gran Leiriña e Biosleep, ás cales se lle agradeceu o seu aporte para o Festival.

O Festival foi conducido por Sofi Love e Carmen, dando paso en primeiro lugar aos membros do coro, que nos deleitaron cunhas panxoliñas, algunha delas acompañada de instrumentos, que as fixeron todavía máis fermosas se cadra. A seguir, os membros de acordeón ,que cada día se van facendo "maiores" nos festivais, e os de pandeireta, cada vez máis numerosos, fixeron as delicias de todos nós.

Despois saíron a escena os membros de Improvisación ao teatro, que, como o seu nome indica, improvisaron uns sorrisos a todos os presentes. Despois voltou a música a cargo de Leti Riestra e David (botouse de menos a Javier, o profe, que desta non nos puido aconpañar), cos membros de guitarra, acompañados por algún membro do coro para deleitar co tema Más allá, de Gloria Estefan. Fermosísimo!

E, coma sempre, deuse o premio as nosas tradicionais postais navideñas (e esperamos que cada ano se anime máis xente). Moitas felicitacións para todas e todos os que participaron, pois é algo maravilloso o ver como grandes e pequenos desmenuzan o sentimento do Nadal nunha folla de papel.

E chega o trineo con máis regalos. Agora si, chegaba o sorteo dos agasallos recibidos por Gran Leiriña e Biosleep, alén das nosas tradicionais cestas para nenos e adultos, para cerrar o acto coa participación da Rondalla Tanxedoira, que, coma sempre, fixo as delicias do público que asistiu, ademais de facelos participar.

Pois todo isto aconteceu no noso Festival. Desde o grupo de Festivais e dos membros da Xunta Directiva queremos agradecer e esperamos que fose do voso agrado. Do mesmo xeito, queremos desexarvos unhas felices festas e un próspero ano 2018.

Grazas por compartir estas datas con nós. Até a seguinte, Tanxedoirxs


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería 

Roberto López

No hay comentarios:

Publicar un comentario