1 dic 2018

Os soños fanse realidade en Tanxedoira…

O pasado sábado 17 de novembro cumpríronse moitos soños: soños de moitos anos de esforzo e traballo; soños de moitas persoas de que se lles recoñeza a paixón por facer desfrutar os espectadores; soños de representar no lugar que merece tanto amor polo benestar alleo. Mais sobor de todo, o soño dun director involucrado até as orellas en que o seu grupo teña o recoñecemento mediático que merece.
No espectacular Centro Sociocultural do Ágora, xuntáronse máis de 300 persoas para desfrutar dunha impresionante representación da zarzuela  Agua, Azucarillos y Aguardiente, levada a escena polo grupo de Teatro e coa inconmensurábel axuda do Coro e a Escola de Danza Carmen.
Foi unha tarde de moitos nervios e concentración entre os máis de 30 integrantes subidos ás táboas, mais grazas á marabillosa dirección de Jesús Garcia e a inestimábel axuda na sombra de Chus, a representación saíu tan ben que arrincou gargalladas e aplausos ao longo de toda a hora que durou a obra e cos espectaculares números musicais que se interpretaron. Mais o colofón foi desfrutar dese inmenso aplauso final con todo o publico asistente posto en pé.
A ilusión de formar parte de este marabilloso elenco fainos soñar en grande. Así que agora só nos resta continuar a poñer gañas, esforzo e máis ilusión aínda para seguir a demostrar que en Tanxedoira... OS SOÑOS CÚMPRENSE!! 




P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería
María Pilar Fernández

18 nov 2018

ACTUACIÓN NA RESIDENCIA SANITAS

O pasado día 20 de outubro, unha vez máis, as voces de Tanxedoira foron ben recibidas na súa visita á Residencia de Sanitas para ofrecer aos residentes, familiares e amigos un repertorio de Cantos Populares.
Tanxedoira

28 oct 2018

Comellada de principio de curso

O pasado seis de outubro tivo lugar a tradicional comida de curso da asociación. A nosa mundialmente coñecida como “comida del traje”: Yo TRAJE croquetas, yo TRAJE tortilla, yo TRAJE empanada… Entendédesme, non si?
 
Pois iso. Este ano os “trajes” foron moi variados e puidemos desfrutar de pizzas e empanadas caseiras, ensaladas rusas, tortillas, morcillas de Burgos, embutidos variados e… percebes! Si, tal e como o ouvides! O ano pasado houbo mexillóns e este ano PER-CE-BES!
 
E, por suposto, todo un surtido de postres: tartas de queixo, biscoitos e froita para os máis sanos, que non todo van ser calorías.
 
Despois de desfrutar da comida, Chus e unha servidora estivemos tocando un rato a guitarra (a falta de David, nós fixemos o que puidemos, verdade, Chus?) e a xente, timidamente, cantou un pouco.
 
Este ano fomos poucos, a verdade, pero con moita simpatía e complicidade entre todos e todas nós. Para o próximo ano agardamos que moita máis xente se anime, xa que as festas, canto máis concorridas, mellor! 


P.D: Podedes consultar todas as fotos na seguinte ligazón: Ver galería

Leticia Riestra.